RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
El Fabril estréase este domingo 6 ás 12:00 ante o CP Cacereño en ABANCA-RIAZOR, «todo positivo» para o filial pero tamén «motivante» para os estremeños

DÉPOR FABRIL · 5 SETEMBRO 2026

EL FABRIL ESTRÉASE ESTE DOMINGO 6 ÁS 12:00 ANTE O CP CACEREÑO EN ABANCA-RIAZOR, «TODO POSITIVO» PARA O FILIAL PERO TAMÉN «MOTIVANTE» PARA OS ESTREMEÑOS

O Fabril estréase na casa en Primera Federación este domingo 6 de setembro ás 12:00 (Fan Play TV).O partido, fixado inicialmente no campo Arsenio Iglesias, xogarase en ABANCA-RIAZOR debido á alta demanda de entradas e á previsión de asistencia; e co obxectivo de que o maior número posible de deportivistas poida gozar do encontro.En rolda de prensa, Manuel Pablo afirmou que «é todo positivo para nós, para os rapaces, poder ter moita xente que os quere ver».Apunta que ABANCA-RIAZOR «é un escenario que só nos pode transmitir cousas positivas. A partir de aí, competir coma sempre e que teñamos boas sensacións».O técnico fabrilista é consciente de que «temos a xente detrás e sempre que xogamos en ABANCA-RIAZOR foron situacións positivas, e aos xogadores failles ilusión e dálles un pulo positivo poder xogar alí».O Fabril preséntase nesta 2ª xornada tras caer en Mérida a pasada fin de semana cun gol estremeño no minuto 91.Son baixa para o encontro por lesión Noé e Manu Ferreiro; ademais de Dipanda, Damián Canedo e Jairo, todos eles de longa duración.Preguntado por Adrián Guerrero, que abandonou o campo do Estadio José Fouto en padiola, Manuel Pablo explica que «facía calor en Mérida. Os cambios case que foron todos obrigados por subidas de xemelgos... A Guerrero subíuselle todo (bromea). Foi máis un tema de cansazo».Ademais, lembra que «polas obras estamos adestrando en céspede artificial. O ano pasado pasounos nas primeiras xornadas, que nos custou. Moitos xogadores ao principio tiveron ese problema. A medida que pase o tempo adaptarémonos mellor».Pola súa banda, o CP Cacereño chega a ABANCA-RIAZOR tras superar por 1-0 a un recentemente descendido de Segunda División, o CD Mirandés.A última visita do conxunto estremeño a A Coruña data de 2017, no play off de ascenso á daquela Segunda División B. Naquela ocasión venceron por 2-0 os fabrilistas.Ata a data, en ABANCA-RIAZOR, o CP Cacereño suma 1 vitoria e 3 derrotas.O seu técnico, Julio Cobos, subliñou na rolda de prensa previa que o Fabril, «como todos os filiais, ten xogadores de moitísima calidade. Algúns deles xa xogaron co primeiro equipo. Temos o aliciente de poder xogar en ABANCA-RIAZOR, que é algo motivador para calquera futbolista. A un sempre lle gusta xogar nos mellores estadios».Conclúe o preparador do CP Cacereño que o equipo de Manuel Pablo fixo en Mérida «un moi bo partido».