
DÉPOR · 7 XULLO 2026
O RC DEPORTIVO E TOTAL RENTING CHEGAN A UN ACORDO PARA AS DÚAS PRÓXIMAS TEMPORADAS
O RC Deportivo e Total Renting alcanzaron un acordo de colaboración polo que a compañía especializada en solucións de renting se incorpora ao club como Patrocinador Oficial e Proveedor Oficial de Furgonetas e Renting durante as temporadas 2026-27 e 2027-28.En virtude deste acordo, Total Renting porá a disposición do RC Deportivo unha frota de vehículos industriais mediante unha fórmula de renting, contribuíndo a optimizar a mobilidade e a operativa diaria das distintas áreas do club. Estes vehículos darán soporte á actividade loxística e ao funcionamento cotián do Deportivo, reforzando a eficiencia nas súas viaxes e servizos.Con esta alianza, o RC Deportivo continúa incorporando ao seu ecosistema de patrocinadores empresas líderes nos seus respectivos sectores, que comparten os valores de profesionalidade, innovación e compromiso co deporte.Pola súa banda, Total Renting afianza a súa aposta polo deporte profesional como plataforma para achegar as súas solucións de mobilidade a empresas e autónomos, vinculando a súa marca a unha entidade histórica e cunha gran proxección como o RC Deportivo."Para nós é un orgullo unir a nosa marca a un club histórico como o RC Deportivo. Compartimos os mesmos valores de esforzo, compromiso e superación, e este acordo permítenos achegar as nosas solucións de mobilidade a particulares, autónomos e empresas de todo o país, acompañando o club no seu día a día", sinalou Álvaro Laserna, CEO de Total Renting.Este acordo terá vixencia ata o 30 de xuño de 2028 e supón un paso máis na consolidación da rede de patrocinadores e colaboradores do RC Deportivo, incorporando un partner estratéxico no ámbito da mobilidade empresarial.Total Renting é unha compañía especializada en solucións de renting de vehículos para particulares, autónomos e empresas en todo o territorio español. O seu obxectivo é ofrecer unha mobilidade flexible, sinxela e adaptada ás necesidades de cada cliente, cun servizo próximo e profesional.

A expedición da RC Deportivo Fundación foi recibida por Ana P...

O San Tirso SD Cadete non logrou puntuar na liga ante o RC Ce...

Segundo partido e segundo triunfo da canteirá deportivista An...

Balón parado e finalizacións, tarefas principais de Os Nosos ...

Parte médico de Espe Pizarro

Xornada de portas abertas o vindeiro 29 de outubro na nova se...