RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Empate ante un rival de talla europea como a ACF Fiorentina dun Dépor que "competiu ata o final"

DÉPOR · 6 AGOSTO 2026

EMPATE ANTE UN RIVAL DE TALLA EUROPEA COMO A ACF FIORENTINA DUN DÉPOR QUE "COMPETIU ATA O FINAL"

O Dépor disputou este xoves 6 de agosto o seu segundo amigable na concentración do equipo entre Alemaña e Italia, e o 5º en total desta pretemporada.O rival foi a ACF Fiorentina, un dos clásicos nas competicións europeas. Por poñer un exemplo, a pasada temporada xogou a Europa League e posteriormente a Conference League.O encontro, que rematou en empate (1-1), celebrouse no Stadio Curva Fiesole, na cidade deportiva do club italiano, retransmitido en directo pola canle oficial de YouTube do RC Deportivo.Riki, na zona mixta, fai unha valoración "positiva. Sabiamos que viñamos xogar contra un bo rival, un rival de alto nivel".Foron baixa para o encontro Asp Jensen e Altimira, que están con adestramento personalizado.Así mesmo, Loureiro, Mella e Yeremay continúan co seu proceso de volta progresiva aos adestramentos.Tampouco se vestiu de curto Angeliño, que esta mesma mañá se adestrou por primeira vez co grupo unha vez formalizado o seu pase ata xuño de 2027.Pola súa banda, a ACF Fiorentina na que milita o porteiro español David De Egea chegaba ao choque despois de empatar o pasado sábado 1 de agosto co Real Madrid CF (2-2).Ademais, esta temporada o club italiano venceu ao AS Gubbio da Serie C (1-0) e ao Watford (0-1) da Championship inglesa; e caeu co Queens Park Rangers (1-0), tamén da Segunda División de Inglaterra.Os florentinos non escatimaron esforzos económicos para volver á Champions League. Así, por exemplo, este mércores 5 de agosto presentou ao mundialista por Costa de Marfil Christ Inao Oulaï, que xa xogou ante o Real Madrid CF, e acaba de incorporar ao lateral portugués João Mário, procedente da Juventus, hoxe no once inicial.Antonio Hidalgo dispuxo un once con Ferllo de inicio, e con Aubameyang e Eddahchouri na punta de ataque.Noé, titular, Quique Teijo, Xabi, Guerrero, Bil e Kevin foron os representantes de ANOSACANTEIRA.As primeiras chegadas foron deportivistas. Primeiro Ximo pola banda dereita e no minuto 7 Luismi, pola banda esquerda.E o primeiro remate do partido tamén foi de Os Nosos. Eddahchouri non puido precisar un cabezazo tras un saque de esquina. O balón marchou lixeiramente alto por riba do porteiro español David De Gea.O primeiro arreón italiano chegou ao cuarto de hora. Valdepeñas remata cruzado e raso tras unha boa acción persoal e o centro posterior cabecéao Gudmundsson fóra por moi pouco.Adiantouse a Fiorentina aos 20 minutos. Ao saque dunha falta no centro do campo, Dragusin mete un balón ao segundo pau e Ndour remata de volea lonxe do alcance de Ferllo.Pasada a media hora, Kean chutou cruzado un balón solto na área deportivista.Na recta final da primeira metade, un centro de João Mario que non atopou rematador estrelouse no pau dereito da meta de Ferllo. O colexiado do encontro, o italiano Lorenzo Macarrini, anulou a acción posterior por falta en ataque.E case sobre o asubío final, un disparo forzado de Riki estrelouse na lateral da rede da ACF Fiorentina.Con 1-0 chegouse ao descanso.Tras o paso polos vestiarios, Villares relevou a Noé.O partido igualouse e as ocasións escasearon nas dúas áreas.No minuto 61, Kevin substituíu a Aubameyang, que pouco antes estivo a piques de pescar un balón longo que evitou De Gea saíndo da súa propia área case ata o centro do campo.Respondeu no 65 de novo Ndour cun chut a queimarroupa tras un centro lateral desde a banda dereita que se marchou lixeiramente alto.Villares tivo o empate no 70 ao cabecear ao longueiro un bo centro de Kevin desde a banda esquerda.De novo de cabeza, no minuto 76 rematou Eddahchouri, desta volta a centro tamén desde a banda dereita do omnipresente Kevin. O balón foi ás mans de Christensen.Foi a xogada previa ao carrusel de cambios do Dépor, coa entrada de Quique Teijo, Arnau, Dani Barcia, Xabi Campos, Amatucci, Mario Soriano, Guerrero e Bil.Empatou o Dépor no minuto 89 grazas a un libre indirecto na área italiana por cesión que Bil conseguiu meter na rede tras tocar na barreira e despistar a Christensen.Non houbo tempo para máis e o amigable rematou en táboas."Pasamos por diferentes fases de partido. Temos que axustar algunha cousa pero, en liñas xerais, o equipo competiu ata o final. E levamos ese empate. Seguimos invictos nesta pretempada", subliñou Riki na zona mixta.ACF Fiorentina: De Gea (Christensen, min. 61), Valdepeñas (Jiménez, min. 72), Atta (Mazzeo, min. 80), Dragusin (Pongracic, min. 80), Brescianni (Fabbian, min. 80), Gudmundsson (Mandragora, min. 61), Fagioli (Fortini, min. 86), Ranieri (Viery, min. 61), Ndour (Croci, min. 86), Kean (Piccoli, min. 80) e Joao Mario (Dodo, min. 72)Deportivo: Ferllo, Ximo Navarro (Quique Teijo, min. 77), Lucas Noubi (Arnau, Comas, min. 77), Bridget Ede (Dani Barcia, min. 77), Quagliata (Xabi Campos, min. 77), Riki (Amatucci, min. 77), Gijselhart (Mario Soriano, min. 77), Luismi (Guerrero, min. 77), Noé (Villares, min. 46), Aubameyang (Kevin, min. 61) e Eddahchouri (Bil, min. 77)Árbitro: Lorenzo Macarrini, de Italia. Amonestou Riki (min. 15), Ranieri (min. 49), Eddahchouri (min. 56) e Christensen (min. 88)Goles: 1-0 Ndour (min. 16); 1-1 Bil (min. 89)Incidencias: partido disputado no Estadio Curva Fiesole, ateigado de seareiros florentinos. O partido estivo varios minutos detido na primeira metade a consecuencia dun apagón