
CANTERA · 6 OUTUBRO 2026
EMPATE DO FABRIL FC ALEVÍN ESTE MARTES 6 DE OUTUBRO PARA ABRIR UNHA SEMANA EN ANOSACANTEIRA CO FABRIL O SÁBADO 10 EN ABANCA-RIAZOR
O partido entre o Fabril FC Alevín (na foto principal da noticia) e a SD Acea de Ama, correspondente á 3ª xornada na Primera Futgal A Coruña disputada a pasada fin de semana, abriu este martes 6 de outubro no Pinar (Vizoño) unha nova semana en ANOSACANTEIRA.Empataron os fabrilistas (3-3), que suman 4 puntos e ocupan a 7ª posición da táboa.Xa o sábado 10 de outubro sobresae o partido entre o Fabril e o Racing de Ferrol, ás 16:30 (TVG) en ABANCA-RIAZOR.Os fabrilistas chegan ao encontro tras caer o pasado domingo en Logroño, con 8 puntos e na 10ª posición de Primera Federación.Tamén o sábado 10, ademais dos alevíns e benxamíns en fútbol 7, o único equipo que xoga na casa é o San Tirso SD Infantil, 4º na División de Honor. Os 'verdes' reciben ás 10:00 no Monte ao Racing de Ferrol.Fóra compiten o Xuvenil B en Santa Isabel ante o CD Conxo Santiago (10:30), o San Tirso SD Cadete na Grela 1 fronte ao Victoria CF (12:15) e o Infantil no Municipal Rodríguez Lago ante o CD Lugo (12:00).Para o domingo queda a visita do Xuvenil A ao Real Racing Club (12:15 nas instalacións Nando Yosu) e o partido do Cadete ante o Ural Español CF (12:00 no Dépor Training Center).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Primera Federación7ª xornada: FABRIL - RACING DE FERROL, o sábado 10 de outubro ás 16:30 en ABANCA-RIAZORClasificación: ... 6. CD Mirandés, Zamora CF e Racing de Ferrol, 10 puntos; 9. Real Unión, Fabril, Pontevedra CF e Cultural Leonesa, 8 puntos...Categoría xuvenil5ª xornada: REAL RACING CLUB - XUVENIL A, o domingo 11 de outubro ás 12:15 nas instalacións Nando Yosu (campo 3)Clasificación da División de Honor: ... 2. Sporting de Gijón e CD Lugo, 10 puntos; 4. Xuvenil A e ED Val Miñor Nigrán, 9 puntos; 6. Real Oviedo, Real Racing Club e Ural Español CF, 7 puntos...6ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - XUVENIL B, o sábado 10 de outubro ás 10:30 en Santa IsabelClasificación da Liga Nacional: ... 5. Racing de Ferrol, 8 puntos; 6. Xuvenil B, Pontevedra CF, Atlético Coruña Montañeros CF, CD Areosa e Arosa SC, 7 puntos... 17. CD Conxo Santiago, 2 puntos...Categoría cadete5ª xornada: CADETE - URAL ESPAÑOL CF, o domingo 11 de outubro ás 11:30 no Dépor Training Center5ª xornada: VICTORIA CF - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 10 de outubro ás 12:15 na Grela 1Clasificación da División de Honor: 1. Cadete e RC Celta, 12 puntos; 3. San Tirso SD Cadete e Ural Español CF, 10 puntos; 5. ED Val Miñor Nigrán, 9 puntos... 13. Victoria CF, 3 puntos...Categoría infantil5ª xornada: CD LUGO - INFANTIL, o sábado 10 de outubro ás 12:00 no Municipal Rodríguez Lago 1 (Lugo)5ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - RACING DE FERROL, o sábado 10 de outubro ás 10:00 no MonteClasificación da División de Honor: 1. RC Celta, 12 puntos; 2. Infantil, ED Val Miñor Nigrán e San Tirso SD Infantil, 9 puntos; 5. Racing de Ferrol, 8 puntos; 6. CD Lugo, 7 puntos...Categoría alevínPrimera Futgal A Coruña, 4ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - ALEVÍN A, o sábado 10 de outubro ás 9:30 en San Pedro de Visma 1Primera Futgal A Coruña, 3ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 3 (Pablo Campanero, Tomás Sánchez e Mateo Ramos) - SD ACEA DE AMA 3Primera Futgal A Coruña, 4ª xornada: SPORTING CAMBRE - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 10 de outubro ás 12:00 no campo Dani Mallo (Cambre)Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A, Atlético Coruña Montañeros CF e Ural Español CF, 9 puntos; 4. SD Acea de Ama, 7 puntos; 5. Sada CF e ED Luis Calvo Sanz, 6 puntos; 7. Fabril FC, Orillamar SD e Oza Juvenil SD, 4 puntos... 16. Sporting Cambre, 0 puntosCategoría benxamín4ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - BENXAMÍN A, o sábado 10 de outubro ás 9:30 no Municipal de Eirís4ª xornada: SILVA SD - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 10 de outubro ás 15:30 na Torre (campo 3.1)Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A, Atlético Castros e Atlético Coruña Montañeros CF, 9 puntos; 4. Ural Español CF, 7 puntos; 5. Victoria CF, Fabril FC Benxamín, UD Carral e CD Calasanz, 6 puntos... 16. Silva SD, 0 puntos

A RC Deportivo Fundación, IKEA e a UDC únense para impulsar a...

José María Giménez foi titular con Uruguai na goleada á India

Lucas Noubi xogou o partido completo con Bélxica Sub-21 ante ...

Primeiro adestramento da semana do Dépor sen os internacionai...

As familias tamén forman parte do equipo en ‘One Team, No Lim...

Cita ligueira para o Fabril FC Alevín este martes 6 de outubr...