
DÉPOR · 6 OUTUBRO 2026
JOSÉ MARÍA GIMÉNEZ FOI TITULAR CON URUGUAI NA GOLEADA Á INDIA
Foto: https://x.com/UruguayJosé María Giménez estivo concentrado con Uruguai con motivo de 3 partidos amigables nesta xanela de seleccións.O terceiro e último disputouse este martes 6 de outubro ante a India no VYBK Stadium de Calcuta, e rematou con goleada uruguaia por 1-6.O central branquiazul saltou ao céspede como titular e foi substituído no minuto 63 por Juan Rodríguez, xa co 1-4 no marcador.O segundo dos amigables para o futbolista do Dépor xogouse o pasado luns 28 de setembro ante os coreanos.O encontro, que tivo como escenario o Seúl World Cup Stadium, caeu do lado uruguaio por 1-4.Nesta ocasión, Giménez seguiu o partido desde o banco.E o pasado xoves 24 de setembro ante Xapón no Estadio Grandy-21 da cidade xaponesa de Nigayi, o defensa deportivista saltou ao céspede no minuto 67 en substitución do exbarcelonista Araújo. Deste xeito, cumpriu 100 partidos coa súa selección nacional.O encontro acabou con vitoria xaponesa por 3-1.Os resultados de José María Giménez foron os seguintes:Xoves 24 de setembroXAPÓN 3 - URUGUAI 1Luns 28 de setembroCOREA DO SUR 1 - URUGUAI 4Martes 6 de outubroINDIA 1 - URUGUAI 6Finalizado o encontro, José María Giménez regresa A Coruña, con chegada prevista o mércores 7 de outubro pola tarde.

A RC Deportivo Fundación, IKEA e a UDC únense para impulsar a...

Empate do Fabril FC Alevín este martes 6 de outubro para abri...

Lucas Noubi xogou o partido completo con Bélxica Sub-21 ante ...

Primeiro adestramento da semana do Dépor sen os internacionai...

As familias tamén forman parte do equipo en ‘One Team, No Lim...

Cita ligueira para o Fabril FC Alevín este martes 6 de outubr...