
DÉPOR · 6 OUTUBRO 2026
PRIMEIRO ADESTRAMENTO DA SEMANA DO DÉPOR SEN OS INTERNACIONAIS
O Dépor completou este martes 6 de outubro pola tarde no Dépor Training Center o seu primeiro adestramento da semana.Antonio Hidalgo aínda non puido contar cos seus internacionais.Na instalación só estivo Bright Ede, que realizou tarefas de recuperación física despois de disputar este martes 5 de outubro 90 minutos coa selección polaca sub-21 ante Italia.Nsongo Bil tamén chegou ao longo da tarde á Coruña procedente de Camerún e este mércores 7 reincorporarase aos adestramentos.

Marc Casadó e Zakaria Eddahchouri están con repouso deportivo, mentres que Aubameyang adestrouse cos fisioterapeutas no ximnasio.Coa presenza dos canteiráns Noé e Kevin Sánchez, o corpo técnico branquiazul dispuxo para comezar a semana unha activación, unha roda de pases e un xogo de posición.Este mércores 7 de outubro, Os Nosos continuarán a partir das 10:30 no Dépor Training Center coa preparación do partido deste domingo 11 de outubro ás 16:15 (Dazn) en Anoeta ante a Real Sociedad.

A RC Deportivo Fundación, IKEA e a UDC únense para impulsar a...

Empate do Fabril FC Alevín este martes 6 de outubro para abri...

José María Giménez foi titular con Uruguai na goleada á India

Lucas Noubi xogou o partido completo con Bélxica Sub-21 ante ...

As familias tamén forman parte do equipo en ‘One Team, No Lim...

Cita ligueira para o Fabril FC Alevín este martes 6 de outubr...




