
CLUB · 5 XANEIRO 2026
ENTRADAS (GRATUÍTAS E OBRIGATORIAS PARA SOCIOS E SOCIAS) PARA O FABRIL - CORUXO FC DO SÁBADO 10 DE XANEIRO E ÁS 16:00 NO CAMPO ARSENIO IGLESIAS
O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias para o partido deste sábado 10 de xaneiro ás 16:00 entre o Fabril e o Coruxo FC, correspondente á 18ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web , na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade.O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

A participación do Dépor ABANCA Alevín desde este venres 12 n...

O DéporCampus de Cee, nos renovados campos de Sampaio de Refo...

Nova semana de torneos en ANOSACANTEIRA e de entrega do trofe...

O músico coruñés Xoel López comporá o novo himno do RC Deport...

A RC Deportivo Fundación estreita lazos coa Universidade de M...

Diego Villares renova polo Dépor ata 2028