
DÉPOR · 11 XUÑO 2026
O MÚSICO CORUÑÉS XOEL LÓPEZ COMPORÁ O NOVO HIMNO DO RC DEPORTIVO
O RC Deportivo e Xoel López (A Coruña, 12 de agosto de 1977) unirán os seus camiños nun dos proxectos culturais e emocionais máis relevantes da historia recente do Club: a creación do novo himno deportivista, unha iniciativa que responde a unha demanda histórica da afección e que supón ademais un fito dentro da identidade sonora da entidade.O recoñecido músico coruñés será o encargado de escribir e compoñer unha obra concibida para representar a identidade do Deportivo desde unha ollada contemporánea, respectando profundamente a historia, os símbolos e os valores que acompañaron o Club e a súa afección ao longo de xeracións.O novo himno nace coa vocación de se converter nun elemento de unión para todo o deportivismo, conectando pasado, presente e futuro a través dunha creación que porá en valor o sentimento de pertenza, o orgullo de cidade, a resiliencia e a ligazón emocional que existe entre o RC Deportivo e A Coruña.O proxecto contará ademais con varias colaboracións artísticas e musicais estreitamente vencelladas ao ámbito da música tradicional e da cultura popular coruñesa, reforzando así o carácter colectivo e representativo dunha composición pensada para emocionar e identificar a toda a familia deportivista.Xoel López, unha das voces máis respectadas da música española contemporánea e recoñecido deportivista, afronta este reto desde o seu arraigamento persoal e emocional con A Coruña e a súa ligazón coas cores branquiazuis, achegando unha sensibilidade artística especialmente conectada coa esencia do Club e da súa xente. A súa participación nace ademais dun compromiso xeneroso e desinteresado co RC Deportivo, poñendo o seu talento e prestixio ao servizo dunha proposta dirixida a toda a afección.O Club quere expresar o seu profundo agradecemento a Xoel López pola súa implicación, xenerosidade e disposición para liderar esta iniciativa, así como a todas as persoas implicadas polo seu compromiso e ilusión nun proxecto que aspira a transcender o estritamente musical para se converter nun símbolo compartido por xeracións de deportivistas.Concibido no marco da conmemoración do 120º aniversario do RC Deportivo, o novo himno aspira a se converter nunha expresión contemporánea da identidade branquiazul e nun legado emocional para as futuras xeracións de deportivistas.

Nova semana de torneos en ANOSACANTEIRA e de entrega do trofe...

A RC Deportivo Fundación estreita lazos coa Universidade de M...

Diego Villares renova polo Dépor ata 2028

Monforte súmase aos DéporCampus por décimo ano

Empate de Uruguai, con Espe Pizarro no once inicial, ante Ven...

O Deportivo reforza o seu proxecto en Primera División con Ol...