
CLUB · 17 MARZO 2025
ENTRADAS (GRATUÍTAS E OBRIGATORIAS PARA SOCIOS E SOCIAS) PARA O FABRIL - REAL AVILÉS INDUSTRIAL DO DOMINGO 23 DE MARZO ÁS 12:00 EN ABEGONDO
O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva de Abegondo para o partido deste domingo 23 de marzo ás 12:00 entre o Fabril e o Real Avilés Industrial, correspondente á 28ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web , na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.A xestión pode realizarse desde a publicación desta nota informativa e até completar as localidades. As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até este xoves 20 de marzo ás 23:59 h.A partir dese momento, se houbese localidades aínda dispoñibles, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

O DéporCampus Marín acada este ano 2026 a súa terceira edició...

Lucía Rivas e Redru prepararán con España do 15 ao 19 de xuño...

Os Nosos gozan xa duns merecidos días de descanso

Fran Alonso móstrase neste final de liga "orgulloso das xogad...

Un día para o recordo: o deportivismo celebrou unido unha tem...

Antonio Hidalgo recoñece que "hai que falar sobre a situación...