
CLUB · 7 XANEIRO 2025
ENTRADAS (GRATUÍTAS E OBRIGATORIAS PARA SOCIOS E SOCIAS) PARA O XUVENIL A - SPORTING DE GIJÓN DE COPA DO SÁBADO 11 DE XANEIRO ÁS 15:45 EN ABEGONDO
O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva de Abegondo para o partido deste sábado 11 de xaneiro ás 15:45 entre o Xuvenil A e Sporting de Gijón, correspondente aos dezaseisavos de final da Copa del Rey.Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web , na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición das localidades nun proceso 100 % telemático.A xestión pode realizarse desde a publicación desta nota informativa e até completar os asentos.Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 5 euros.

LISTADO DE PARTICIPANTES NA GRADA SOLIDARIA DO DÉPOR ABANCA -...

Massimo Adalberto Benassi: "Imos aceptar sempre o erro do árb...

Antonio Hidalgo fala dun ambiente en ABANCA-RIAZOR "de tolos,...

Resultados deste venres 1 de maio nos torneos amigables; e ca...

Os Nosos regresan o luns 4 de maio ao Dépor Training Center

O Dépor vence ao CD Leganés cun gran gol de Noé na recta fina...