RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Espe Pizarro, nova xogadora do Dépor ABANCA

DÉPOR ABANCA · 3 XULLO 2025

ESPE PIZARRO, NOVA XOGADORA DO DÉPOR ABANCA

O Dépor ABANCA incorpora para a temporada 2025-26 a Esperanza Pizarro Pagalday (15 de abril de 2001, Uruguai), coñecida futbolísticamente como Espe Pizarro.Xoga de extremo, procede do Eibar SD e en 3 temporadas disputou un total de 84 partidos repartidos en dúas temporadas en Liga F e unha en Primera Federación FutFem nas que anotou un total de 8 goles en liga, 1 en Copa de la Reina e 4 asistencias.Algún deles foi de bela factura, como o que marcou ao Madrid CFF desde case 40 metros e por todo o recanto para dar ao seu equipo o triunfo.Espe Pizarro chegou ao conxunto vasco na temporada 2022-23 en Primera Federación FutFem procedente do seu club en Uruguay, o Nacional de Montevideo.É internacional uruguaia e está convocada para disputar a Copa América do mesmo xeito que outra deportivista, Michi Apóstol, con Venezuela.