RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Fernando Soriano asegura que o proxecto do Dépor é "moi sostible, moi sólido"

DÉPOR · 3 SETEMBRO 2026

FERNANDO SORIANO ASEGURA QUE O PROXECTO DO DÉPOR É "MOI SOSTIBLE, MOI SÓLIDO"

Fernando Soriano pasou pola sala de prensa do Dépor Training Center para analizar o peche do mercado de verán.O Director de Fútbol do RC Deportivo asegura que o proxecto que seduce os xogadores «é moi sostible, moi sólido, con moita fiabilidade».Estas foron algunhas das súas frases:Fichaxes de Giménez e Casadó«Tanto José María como Marc puxeron moito da súa parte. Percibimos ilusión e eles tamén a percibiron en nós. Non só buscamos futbolistas, senón xente que transmita esa paixón, que teña esa experiencia. Cremos que van encaixar e, desde o primeiro momento, vémolos moi integrados».«Levamos moitos anos traballando na incorporación de Marc, desde o ascenso co Barça B aquí. Aquel verán tivemos contacto con el porque quixemos incorporalo ao proxecto de Segunda División».«Este ano (Marc Casadó) tivo moitas opcións ao longo do mercado. Ao Barcelona non lle satisfacía ningunha. No último momento xurdiu a opción de vir cedido. E aí xa estabamos ben situados desde moito antes».«Un entrou ás 11:51 e José María Giménez ás 11:58. Con menos de 100 segundos de marxe».Proxecto do Dépor«Ten 3 aspectos importantes. Un é a estabilidade que nos dá o Presi, que nos permitiu profesionalizar o Club, crear uns departamentos sólidos e unhas infraestruturas que nos permiten xerar recursos; ademais, sen débeda, o que che proporciona unha importante sostibilidade no tempo. O segundo é a afección, a fidelidade, a confianza. Renovou o 100 % dos abonados que temos. E o equipo de traballo do que formo parte. O máis próximo é o Departamento de Secretaría Técnica; despois hai outros ao seu carón, como legal, recursos humanos, it, márketing, comunicación...»«Estase a conseguir que Dépor sexa unha marca potente. O proxecto é moi sostible, moi sólido, con moita fiabilidade. Todo o que se di téntase cumprir».«Traballamos pensando moito no futuro. Non se traballa só no mañá. É un proxecto a longo prazo».Obxectivos do equipo«Os obxectivos seguen sendo os mesmos. Levamos tempo traballando no proxecto para ter uns alicerces moi sólidos. É certo que a sostibilidade económica é unha das liñas vermellas que non se poden superar. A partir de aí hai outros piares: o da canteira. Aumentou a esixencia, pero tamén se incorporou talento na canteira e no primeiro equipo. É un dos piares básicos que temos».Sostibilidade«A planificación cumpriuse seguindo as normas da Liga. Cando imos por un xogador, facémolo sabendo ata onde podemos chegar».Explicación das fichaxes«En moitos casos, foi clave o esforzo do xogador e do equipo que o cede. E atopar paixón nos xogadores que veñen aquí é moi importante. Eles perciben a ilusión, a enerxía, falan con compañeiros e cóntanlles como é o Club, a nosa afección. Iso axúdanos moitísimo. E todo o demais pasa a un segundo plano».Remanente para o mercado de inverno«Si, si. Isto é un ente vivo. Estamos perfectamente dentro dos límites».Saídas«Houbo 4 saídas directas: Chacón, Bouldini, Petxa e Jose Ángel; e 3 cesións: Eric Puerto, Patiño e Diego Gómez».«Fálase directamente cos xogadores con moita sinceridade. A min gústame ser directo e facer o que me gustaría que fixesen comigo».Dani Barcia«Falouse directamente con el e explicámoslle cal era a súa situación deportiva. Houbo bastantes opcións para buscar os minutos que aquí, a priori, non está a ter. Decidiu loitar, pelexar por unha oportunidade, por gañar o posto. E aí vai estar, como un máis».Nota ao mercado do Dépor«En ilusión, en ganas e en traballo, todo o club estivo ao máximo para intentar crear un cadro de xogadores formado, ante todo, por boas persoas».

Real Club Deportivo de La Coruña