RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Horario da OAD e das billeteiras do Palacio dos Deportes este mércores 12 de agosto, día da 81ª edición do Trofeo Teresa Herrera

DÉPOR · 11 AGOSTO 2026

HORARIO DA OAD E DAS BILLETEIRAS DO PALACIO DOS DEPORTES ESTE MÉRCORES 12 DE AGOSTO, DÍA DA 81ª EDICIÓN DO TROFEO TERESA HERRERA

Este mércores 12 de agosto, día da 81ª edición do Trofeo Teresa Herrera entre o Dépor e o Real Madrid, abre a Oficina de Atención ao Deportivista (OAD) no seu horario habitual, de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00 horas.A partir das 18:00 e ata as 22:00 horas estarán á disposición dos afeccionados as billeteiras do Palacio dos Deportes de Riazor.Están á venda as entradas de público para o partido, do mesmo xeito que para o encontro do xoves 13 ás 17:00 correspondente á 14ª edición feminina entre o Dépor ABANCA e o FC Porto.Os abonados e abonadas do RC Deportivo poden acceder directamente co seu carné.É preciso lembrar que a entrada ao partido do Dépor ABANCA será gratuíta unicamente para aqueles abonados que pagasen no seu abono o suplemento para asistir aos partidos de As Nosas.Ademais, asistir ao Trofeo Teresa Herrera feminino leva agasallo, consistente en gozar dunha entrada de balde ao Dépor Museo & Tour ata o 30 de setembro de 2026.As entradas poden adquirirse en calquera momento a través de ticketing.rcdeportivo.es.Todos aqueles abonados e abonadas que non poidan asistir ao partido teñen a oportunidade de liberar o seu asento para que outro deportivista ocupe o seu lugar a través da app ou premendo neste enlace.No caso de que se venda a súa entrada, recibirá o 50% do importe da venda.