
DÉPOR · 11 AGOSTO 2026
DÉPOR E REAL MADRID LOITARÁN ESTE MÉRCORES 12 DE AGOSTO ÁS 21:00 EN ABANCA-RIAZOR POLO 81º TROFEO TERESA HERRERA
O Deportivo e o Real Madrid xóganse este mércores 12 de agosto ás 21:00 horas (YouTube RC Deportivo) no Estadio ABANCA-RIAZOR a 81ª edición do Trofeo Teresa Herrera.Os Nosos son o rei do torneo cun total de 26 trofeos nas vitrinas por 9 do segundo clasificado, precisamente o Real Madrid CF.O conxunto de Antonio Hidalgo chega ao encontro tras a vitoria por 0-1 o pasado sábado 8 de agosto ante o Genoa CFC no Trofeo Spagnolo.Á parte do resultado e das sensacións, o partido deixou o regreso á competición de Loureiro e David Mella.O canteirán afirmou no vídeo que podes ver ao pé destas liñas que "vou día a día mellorando. Creo que estou case ao 100% por non dicir ao 100% completo".Asegura estar "intentando poñerme ao nivel dos meus compañeiros e estar o antes posible ao 100%".
O Dépor completou este martes 11 de agosto a primeira sesión de traballo da semana no Dépor Training Center, penúltima antes do encontro xa que este mércores os blanquiazules adestraranse de novo a partir das 11:00 horas.Yeremay, Altimira e Asp Jensen realizaron unha parte co grupo e outra co readaptador, Fernando Rodríguez.Noé e Bil foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Pola súa banda, o Real Madrid CF chega ao choque despois de derrotar o Ferencvaros húngaro o pasado sábado 8 de agosto por 1-2.Este verán, os pupilos de Jose Mourinho ademais derrotaron o AD Alcorcón (1-0) e CD Leganés (4-1); e empataron coa ACF Fiorentina (2-2).Unha vez rematado o encontro, Os Nosos adestraranse de novo o xoves 13 de agosto a partir das 10:30 no Dépor Training Center.

Giménez enfróntase este luns 28 de setembro a Corea del Sur n...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, este d...

As Nosas regresan este luns 28 de setembro ao Dépor Training ...

As deportivistas Marisa García e Ainoa Gómez son campioas do ...

Empate "con sensación amarga" do Dépor ABANCA ante o RCD Espa...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo 27...




