
DÉPOR · 11 AGOSTO 2026
O RC DEPORTIVO PRESENTA “VOA”, O SEU HIMNO OFICIAL COMPOSTO POR XOEL LÓPEZ: UN SÍMBOLO DE IDENTIDADE, UNIÓN E FUTURO
O RC Deportivo presentou o seu novo himno oficial, “Voa”, unha peza composta por Xoel López e que nace para reforzar a identidade do club no seu 120 aniversario e tras o seu regreso á Primeira División. O himno busca conectar con todas as xeracións de deportivistas a través da emoción, da tradición e do sentimento compartido.Referente da música española nas últimas décadas —primeiro á fronte de Deluxe e posteriormente con traballos como Atlántico ou Si mi rayo te alcanzara—, Xoel López asina en ‘Voa’ o himno do club da súa cidade e “dos seus amores”. A composición chega en 2026, coincidindo coa presentación do seu décimo sétimo álbum, Oniria Popular, e supón un novo vínculo entre a súa traxectoria artística e o sentimento deportivista. O himno estrearase este mércores, 12 de agosto de 2026, no estadio ABANCA-RIAZOR, no marco da LXXXI edición do Trofeo Teresa Herrera, coa presenza de Xoel López xunto aos artistas e colectivos que participaron na súa gravación.‘Voa’ é, por riba de todo, un canto colectivo. Un himno no que é o deportivismo quen lle canta ao Dépor: “Voa, contra o vento Dépor voa…”. Unha idea que sintetiza os valores do Club: o inconformismo e a teimosía de voar contra o vento; a paixón compartida “xuntos nun só corazón”; o sentimento de pertenza “un sentimento que é branco e azul, que é de sal e vento”; a unidade que representa “sempre ao teu carón” e a transmisión xeracional “nos ollos dos nosos nenos, dende o ceo os nosos avós”.Unha obra plural, de esencias galegas
O vínculo coa identidade galega e coruñesa é tamén unha das chaves do novo himno. No seu proceso creativo, Xoel López rodeouse de formacións e colectivos que son patrimonio vivo da cidade e da cultura galega, reforzando o arraigamento da peza. Participaron Kilomberos de Monte Alto, Xacarandaina, o Coro Infantil Cantábile, a Orquestra Sinfónica de Galicia, Caamaño & Ameixeiras, Belém Tajes e Susana Seivane, entre outros.Un videoclip que sobrevoa A Coruña
O lanzamento de ‘Voa’ canalízase a través dun videoclip concibido como un percorrido polos lugares máis emblemáticos da Coruña que simboliza o camiño cara a Riazor nun día de partido. Rodado como un plano secuencia, o videoclip propón unha viaxe aérea pola cidade, conectando espazos icónicos como a Mariña, os Xardíns de Méndez Núñez e o propio paseo marítimo. O piloto do dron é David Lougedo (A Coruña, 1985), un dos especialistas máis recoñecidos a nivel internacional, con experiencia en grandes producións audiovisuais como La sociedad de la nieve, Infiesto, Zeta ou Clanes, entre outras. Tamén se destaca a participación de Entropy, empresa especializada en efectos visuais (VFX), animación 3D e posprodución dixital.A peza amosa A Coruña volcada co seu equipo, acompañando o Dépor nese voo simbólico “contra o vento”. Ao longo do percorrido, aparecen as distintas artistas e colectivos participantes, así como centos de deportivistas que toman as rúas, convertendo o videoclip nunha celebración aberta e participativa que reflicte a dimensión social e cultural do club.A narrativa do videoclip acompaña as horas previas a un partido en Riazor: dende os primeiros encontros nos barrios ata a chegada ao estadio, pasando por momentos que combinan tradición, música e vida cotiá coruñesa.Concibido como unha expresión viva, o himno está chamado a ser cantado tanto en ABANCA-RIAZOR como fóra del, converténdose nun elemento de cohesión para toda a comunidade deportivista. A primeira vez que se escoitará ‘Voa’ no Estadio ABANCA-RIAZOR será no descanso da LXXXI edición do Trofeo Teresa Herrera, este 12 de agosto de 2026.Créditos
Músicos
Xoel López: voz principal, coros, guitarras eléctricas, sintes.
Adrián Seijas: batería, percusións, coros, sintes.
Julián Seijas: baixa.
Belén Tajes: voces.
Antía Ameixeiras: voces e violín.
Sabela Caamaño: acordeón.
Cibrán Seixo: violín.
Brais Maceiras: gaita.
Susana Seivane: gaita.
Kilomberos de Monte Alto: percusión.
Xacarandaina: percusións e coros.
Orquestra Sinfónica de Galicia: cuarteto de corda, metais e timbais sinfónicos.
Coro Xuvenil Cantabile: coros.
Produción
Producido por Xoel López e Adrián Seijas.
Gravación
Gravado en Estudios El Jardín Botánico, Estudios Bruar e Estudios Mans.
Corpo técnico
Nicolás Vieites: enxeñeiro de gravación.
Pete Cunado: asistente de gravación.
José García: asistente de gravación.
Javier Justo: asistente de gravación.
David Greenbaum: enxeñeiro de mestura e masterización.
LetraVoa
Voa
Contra o vento
Dépor, voa
E nós ao teu carón
La, la, la, la, la, la, la
La, la, la, la, la, la, la
La, la, la, la, la, la, la
Dé!
Se sentes
Bater as ondas
Tremer os muros
Ao teu redor
Colle a miña man e voa
Se sentes
Marchar o soño
Medrarei unha ilusión
Eu soñarei por ti
Nos ollos dos nosos fillos
Dende o ceo os nosos avós
Faro que alumea o mundo
Xuntos nun só corazón
Voa
Voa
Contra o vento
Dépor, voa
Voa
Voa
Contra o vento
Sempre, voa
E nós ao teu carón
Dé
Carmiña, Carmela
Ten un sentimento
Que é branco e azul
É de sal e vento
É de sal e vento
É branco e azul
Carmiña, Carmela
Ten un sentimento
Sempre ao teu carón
Ti es orde e es talento
Ti es todo, e ti somos nós
Sempre ao teu carón
Todos nun único canto
O latexo de Riazor
Voa
Voa
Contra o vento
Dépor, voa
Voa
Voa
Contra o vento
Sempre, voa
E nós ao teu carón
La, la, la, la, la, la, la
FOR!
La, la, la, la, la, la, la
ZA!
La, la, la, la, la, la, la
DÉ!
La, la, la, la, la, la, la
POR!

Inês Pereira, nova xogadora do Dépor ABANCA ata xuño de 2029

O Dépor Museo & Tour repasa a historia do Trofeo Teresa Herre...

O Xuvenil B abre unha nova semana de pretemporada co debut do...

Segundo amigable do Dépor ABANCA B, este martes ás 20:45 no D...

El Fabril debuta en liga o domingo 6 de setembro ás 12:00 ant...

O Trofeo Mini Teresa Herrera celebrarase o xoves 13 de agosto...



