RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Recomendacións para os afeccionados de cara ao 81º Trofeo Teresa Herrera

DÉPOR · 11 AGOSTO 2026

RECOMENDACIÓNS PARA OS AFECCIONADOS DE CARA AO 81º TROFEO TERESA HERRERA

O RC Deportivo quere trasladar a todos os seus afeccionados unha serie de recomendacións de cara ao encontro correspondente á 81ª edición do Trofeo Teresa Herrera, que enfrontará este mércores 12 de agosto ao Dépor e ao Real Madrid CF en ABANCA-RIAZOR, a partir das 21:00 horas.A xornada estará marcada ademais por un eclipse de sol, polo que se recomenda a todos os deportivistas ter en conta as indicacións das autoridades e dos expertos para gozar do fenómeno con seguridade.Cortes de tráficoO Concello da Coruña previu cortes ao tráfico rodado desde as 19:00 horas nas seguintes vías:-Paseo Marítimo-Avenida Manuel Murguía-Avenida da HabanaPor este motivo, o Club recomenda aos afeccionados planificar con antelación os seus desprazamentos cara a ABANCA-RIAZOR, ademais de acudir ao estadio e entrar con tempo suficiente para evitar aglomeracións nos accesos.Recomendacións para gozar do eclipseO eclipse poderá observarse desde diferentes zonas de ABANCA-RIAZOR, concretamente en Pabellón Superior, Pabellón Inferior —nas primeiras filas do córner da esquerda— e Preferencia.Os expertos lembran que é imprescindible utilizar gafas homologadas para a observación solar durante todo o fenómeno, previsto aproximadamente entre as 19:30 e as 21:30 horas.A única excepción será durante a fase de eclipse total, que terá lugar exactamente entre as 20:28:13 e as 20:28:56 horas, cando non será necesario utilizar gafas.O RC Deportivo agradece de antemán a colaboración de toda a afección e anima os deportivistas a gozar dunha noite moi especial en ABANCA-RIAZOR, na que o fútbol e un dos fenómenos astronómicos máis singulares do ano se darán cita na Coruña.