
DÉPOR · 24 FEBREIRO 2026
INAUGURADO O DÉPOR MUSEO & TOUR, PRIMEIRO MUSEO DEPORTIVO DE GALICIA
O acto institucional estivo a cargo do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda e o presidente do Real Club Deportivo, Juan Carlos Escotet. Coa posta en marcha do museo, o Club dá comezo á celebración dos seus 120 anos de historia.O Dépor Museo & Tour integra a dimensión deportiva, histórica e cultural do Club coa súa masa social e coa cidade da Coruña nun percorrido formado por tres salgas principais (1.445 metros cadrados) máis de 250 pezas expostas e un destacado compoñente interactivo e audiovisual. Situado no corazón do estadio ABANCA-RIAZOR, este novo espazo eríxese como o primeiro museo do deporte integrado na rede de Centros Museísticos de Galicia, do que forman parte actualmente 98 espazos en toda a comunidade.O museo, como o seu propio nome indica, compleméntase coa posibilidade de realizar un tour polos espazos que xogadores e xogadoras percorren cada fin de semana (desde os vestiarios e a sala de prensa até a saída ao terreo de xogo), unha experiencia única para calquera visitante e para todo o deportivismo.O acto de inauguración contou coa presenza de numerosas autoridades e representantes de institucións da Coruña e do conxunto de Galicia, que quixeron acompañar ao Club nunha xornada especialmente significativa.Durante a súa intervención, o presidente do RC Deportivo, Juan Carlos Escotet, subliñou a transcendencia deste fito para unha entidade que honra o seu legado, impulsa o seu presente e proxecta o seu futuro: "O Dépor Museo & Tour nace da ilusión da nosa afección e representa a unión dun club que forma parte indisoluble da identidade da Coruña e de Galicia, preservando o seu legado e proxectándoo cara ao futuro".Pola súa banda, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, coincidiu en destacar o valor do RC Deportivo como un dos grandes referentes sociais e deportivos de Galicia e a relevancia do museo como un proxecto que enriquece o patrimonio cultural e a oferta expositiva da comunidade. "Un país constrúese coa súa lingua, coa súa xente, coa súa industria e tecido económico, coa súa paisaxe... pero tamén cos seus fitos colectivos como os que aquí se lembran e co traballo de institucións como o Dépor. Unha amálgama que contribúe a esa Galicia Calidade que tanto nos caracteriza. Conservar este legado é un acto de xenerosidade con esta cidade, que sempre atopou en Riazor un punto de encontro e de orgullo", sinalou.O equipo de historiadores responsables dos contidos do museo tamén tiveron unha participación destacada na inauguración. Rubén Ventureira resaltou que "o deportivismo é, desde hoxe, peza de museo. O son o club, os seus afeccionados, os seus xogadores, os seus directivos e os seus adestradores. De todas as xeracións, desde 1906 até 2026". Pola súa banda, Lois Novo, recoñeceu o traballo do amplo equipo que participou no proxecto e elixiu parafrasear a Virgilio, fundador e primeiro xogador estrela do Club, para pechar a súa intervención co berro de: 'Viva o Deportivo'".Un percorrido a través das coresO discurso expositivo do museo utiliza unha poderosa metáfora identitaria que estrutura o espazo en tres zonas diferenciadas: a Sala Branca, a Sala Dourada e a Sala Azul. A primeira móstrase como un espazo de benvida aberto e gratuíto onde todos os visitantes poderán nutrirse dos valores do Club, observar a evolución do Estadio ABANCA-RIAZOR e coñecer diferentes proxectos sociais que levan a cabo desde a RC Deportivo Fundación.A Zona Dourada recolle as orixes do Dépor, desde a súa fundación en 1906, a súa etapa multidisciplinar, consolidación e primeiros títulos até o ano 1988, co renacer da entidade grazas ao gol de Vicente Celeiro fronte ao Racing de Santander. Por último, a Zona Azul está dedicada á etapa contemporánea. Nela atópanse o sete títulos do RC Deportivo: a Copa España de 1912, a liga da temporada 1999-2000, as dúas Copas del Rey (1995-2002) e o tres Supercopas de España (1995, 2000, 2002). Ademais, os deportivistas poderán rememorar as históricas noites da UEFA Champions League e os partidos máis significativos, mentres se penetran na actualidade e futuro do Club, con chiscadelas aos logros deportivos da canteira branquiazul e o Dépor ABANCA.O museo abrirá as súas portas ao público o xoves 26 de febreiro ás 10:00 en horario continuo até as 18:00h e converterase nun punto de encontro interxeneracional onde se fomentarán os valores de superación, orgullo e pertenza que definen a #ANOSAFORZA. As persoas abonadas poderán acceder á preventa até as 23:59h deste mércores. Prevese que uns 40.000 visitantes acudan anualmente ao Dépor Museo & Tour, o que suporía uns ingresos de 1,3 millóns de euros para a cidade.

O RC Deportivo e a Fundación RC Deportivo impulsan o seu proc...

Primeira sesión da semana do Dépor coa enerxía posta unicamen...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

O FC Barcelona, a SD Eibar e o SL Benfica serán os rivais do ...

O Alevín de fútbol 11 pecha cun triunfo ante o San Tirso SD u...

Mauro Valeiro disputará con España o Campionato de Europa sub...