
DÉPOR ABANCA · 17 ABRIL 2026
INÊS PEREIRA MÍDESE ESTE SÁBADO 18 DE ABRIL A ESLOVAQUIA NO SEGUNDO E ÚLTIMO PARTIDO DESTA XANELA FIFA DE PORTUGAL
Inês Pereira está concentrada con Portugal para dous partidos clasificatorios para o próximo Campionato de Europa 2027.O segundo deles e último desta xanela FIFA será este sábado 18 de abril ás 16:00 no Estadio Tratan Area de Kosice ante Eslovaquia.Con 3 partidos xogados no grupo B, Portugal encabeza a clasificación con 9 puntos. As eslovacas, con 3 puntos, ocupan a 3ª praza do grupo.No choque da primeira volta disputado o pasado mes de marzo en Barcelos venceron por 4-0 as lusas.O primeiro dos encontros desta xanela FIFA xogouse este martes 14 de abril en Letonia.A gardameta deportivista foi titular nun partido resolto con goleada lusa por 0-3.O calendario de partidos de Inês Pereira, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Martes 14 de abrilLETONIA 0 - PORTUGAL 3Sábado 18 de abril16:00: ESLOVAQUIA - PORTUGAL, no Estadio Tratan Area de KosiceInês Pereira, unha das fixas na súa selección, suma campaña 22 partidos co Deportivo ABANCA en Liga F.

A expedición da RC Deportivo Fundación foi recibida por Ana P...

O San Tirso SD Cadete non logrou puntuar na liga ante o RC Ce...

Segundo partido e segundo triunfo da canteirá deportivista An...

Balón parado e finalizacións, tarefas principais de Os Nosos ...

Parte médico de Espe Pizarro

Xornada de portas abertas o vindeiro 29 de outubro na nova se...