RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
José María Giménez asegura que atopou no Dépor Training Center un vestiario «moi bonito, está moi ben, é moi agradable, moi unido, véselle ben e transmite alegría»

DÉPOR · 3 SETEMBRO 2026

JOSÉ MARÍA GIMÉNEZ ASEGURA QUE ATOPOU NO DÉPOR TRAINING CENTER UN VESTIARIO «MOI BONITO, ESTÁ MOI BEN, É MOI AGRADABLE, MOI UNIDO, VÉSELLE BEN E TRANSMITE ALEGRÍA»

José María Giménez (Toledo, Uruguai, 20 de xaneiro de 1995) foi presentado este mediodía como novo xogador do Dépor, cedido polo Atlético de Madrid ata xuño de 2027 con opción de compra.Unha vez realizado o tradicional pousado para os medios gráficos coa camiseta branquiazul no campo Arsenio Iglesias, na sala de prensa do Dépor Training Center Fernando Soriano, Director de Fútbol do RC Deportivo, sinalou en primeiro lugar que "pode xogar nas posicións de central, en calquera das 2 ou 3 posicións que poida empregar o míster".Quixo ademais darlle “as grazas publicamente polo esforzo, a ilusión e a paixón que amosou desde o primeiro momento".

gimenez0309.jpg

Pola súa banda, José María Giménez asegurou estar "moi contento, moi feliz de estar aquí. Quero agradecerllo a Fernando, que foi a primeira persoa que me chamou; á miña familia, que me acompaña a todas partes; aos meus amigos, que me acompañaron nesta viaxe; e a Jaco, porque se non fose por el non estaría aquí".Recoñeceu que había diferentes posibilidades: "A realidade é que, cando un ten as cartas enriba da mesa, ten que poñer moitas cousas na balanza; e o que máis me trouxo aquí foi saber e sentir a tranquilidade que me transmitiron en todo momento sobre a seriedade do Club, o proxecto, a súa forma de traballar, a cidade…"O novo central deportivista sinala que "á hora de pensar no fútbol, un non pensa só en si mesmo. Pensa na familia, no deportivo... O que máis ganas me transmitiu e o que máis ilusión me fixo cando me chamou foi o Dépor. Ao mediodía dei a miña palabra de que viña para aquí, de que o elixira. Houbo diferentes chamadas, pero son un home de palabra e dixen que viña para aquí".Giménez asegura que atopou un vestiario que "é moi bonito, está moi ben, é moi agradable, moi unido, véselle ben e transmite alegría. Iso é o máis bonito".

presentaciongimenez.jpg

Recoñece que "cando me falaron do que era o Dépor, do proxecto, de todo o que hai aquí dentro, fíxome moitísima ilusión. En canto llo contei á familia, tamén quedou moi ilusionada".Séntese "con ganas de axudar ao equipo, con ganas de facer unha gran temporada e moi ilusionado".Finalmente conta que "a miña filosofía é ir partido a partido, día a día, e seguir medrando. Vin cunha ilusión enorme por aprender, medrar, adaptarme o máis rápido posible para axudar ao equipo e poder achegar desde onde me toque estar, con humildade, sacrificio e, sobre todo, esforzo".

Real Club Deportivo de La Coruña