
DÉPOR · 29 XUÑO 2026
O RC DEPORTIVO E KAPPA PECHAN UNHA ETAPA COMPARTIDA DESDE O AGRADECEMENTO
O RC Deportivo e Kappa poñen fin, de común acordo, á relación que uniu a ambas as entidades durante as últimas catro temporadas.Desde a súa chegada na temporada 2022-23, a firma italiana acompañou ao Club nun período especialmente significativo da súa historia recente, marcado polo traballo constante, a reconstrución do proxecto deportivo e o regreso do primeiro equipo á máxima categoría do fútbol español.Durante estes anos, Kappa vestiu aos distintos equipos do RC Deportivo, contribuíndo coa súa profesionalidade, proximidade e compromiso ao desenvolvemento dunha etapa que culmina co retorno do equipo masculino a Primera División.Cos seus equipamentos, miles de afeccionados vestiron con orgullo unhas cores que nunca deixaron de crer. Foron temporadas de sacrificio, de aprendizaxe e de resiliencia, nas que o apoio de quen camiñou xunto ao Club resultou fundamental para seguir construíndo o futuro.O RC Deportivo quere agradecer publicamente a Kappa a confianza depositada na entidade, así como o traballo realizado por todos os profesionais que formaron parte desta colaboración.O Club deséxalles o maior dos éxitos nos seus futuros proxectos, tanto deportivos como empresariais.Grazas, Kappa, por formar parte desta viaxe.

O primeiro gol de Nsongo Bil con Camerún chegou este sábado 3...

Resultados deste sábado 3 de outubro en ANOSACANTEIRA e calen...

As Nosas adestran de novo este domingo 4 de outubro ás 10:15 ...

O Dépor regresa ao horario do luns o 2 de novembro ante CA Os...

O Dépor ABANCA cae pola mínima ante o Atlético de Madrid, aín...

Un Fabril «dependendo do que requira o primeiro equipo» xoga ...