
DÉPOR ABANCA B · 18 XULLO 2026
KARLA BERMEJO REFORZA A DIANTEIRA DO DÉPOR ABANCA B
O Dépor ABANCA B seguirá contando con Karla Bermejo Matos (Barcelona, 7 de agosto de 2005), que asina co RC Deportivo até xuño de 2028, con opción de ampliar a súa vinculación co Club.A atacante chegou ao conxunto branquiazul o pasado mes de xaneiro, cedida polo Racing Power da Primera División portuguesa, e tivo un papel determinante na permanencia do filial en Segunda Federación.En apenas media temporada, Karla Bermejo disputou 11 partidos, 10 deles como titular, e asinou uns rexistros goleadores excelentes ao anotar 9 tantos, converténdose nunha das pezas chave do equipo no treito decisivo do campionato.Formada nas categorías inferiores do Son Sardina, a dianteira debutou co primeiro equipo do conxunto balear con tan só 15 anos, confirmando desde moi nova o seu talento e capacidade goleadora.

A súa proxección quedou patente na temporada 2020-21, cando se converteu na máxima goleadora das tres primeiras categorías estatais, cun total de 31 goles.Ademais, Karla Bermejo foi internacional coa selección española nas categorías sub-16, sub-17 e sub-19, acumulando experiencia no fútbol formativo de máximo nivel.Tras o seu destacado rendemento desde a súa chegada ao Club, o RC Deportivo aposta pola continuidade dunha futbolista nova, con gran proxección e olfacto goleador, que seguirá reforzando o ataque do Dépor ABANCA B.


Os Nosos aterran este domingo 6 de setembro ás 11:30 no Aerop...

Vitoria "brutal" do Dépor ante un Villarreal CF "de Champions...

Resultados deste sábado 5 en ANOSACANTEIRA, con goleada do Xu...

O Dépor ABANCA B arranca a liga en Segunda Federación coa vis...

El Fabril estréase este domingo 6 ás 12:00 ante o CP Cacereño...

O Dépor ABANCA visita este domingo 6 ás 12:45 ao UD Costa Ade...