
FUNDACIÓN · 7 MARZO 2026
LISTAXE DE PARTICIPANTES NA BANCADA SOLIDARIA DO DÉPOR - GRANADA CF
A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo deste domingo 8 de marzo (21:00) fronte ao Granada CF, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: ASPESOR (Asociación de Persoas Xordas da Coruña), CASCO (Comité Cidadán Antisida da Coruña), CÁRITAS, Hogar Sor Eusebia, ACCEM A Coruña, Hospital de Día Saúde Mental de Oza, Yarama África, Fundación Érguete Integración.Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.

A UD Carral, primeiro rival do Orzán SD Xuvenil na Primera Au...

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, con amigable do San ...

Massimo Adalberto Benassi fixa como obxectivo "conseguir outr...

Suave sesión de activación este martes para o Dépor no seu re...

Parte médico de Manu Serrano

O Dépor ABANCA - RCD Espanyol, fixado para o 27 de setembro á...