
DÉPOR · 25 SETEMBRO 2025
MARINEDA CITY VIBROU COA PRESENTACIÓN DOS NOVOS EQUIPAMENTOS DO RC DEPORTIVO
Como cada ano, Marineda City acolleu a presentación da nova colección Kappa do Real Club Deportivo para a temporada 2025-26, cos diferentes equipamentos que locen os xogadores e xogadoras do Dépor, Dépor ABANCA e Dépor Genuine.Cun público entregado desde o primeiro momento, o evento desenvolveuse na planta 2, e os afeccionados puideron coñecer en primeira persoa a xogadores como Mario Soriano, Mulattieri, Stoichkov, Lucas Noubi, Luismi Cruz, José Gragera, Miguel Loureiro, Quagliata, Bachmann, Merle Barth, Espe Pizarro, Colette Cavanagh, Marisa García, Olaya, Inês Pereira e Marina Artero.

Tamén houbo representación de ANOSACANTEIRA con Álex Marqués, Héctor Areosa, Carmen Carballada e Michi Apóstol; e do Dépor Genuine con Álex Rey, Mamadou e Víctor Vales.#ANOSAFORZA puido conseguir premios oficiais como camisetas e balóns asinados, así como abonos para a temporada 2025-26.

O evento contou cunha actuación especial de freestyle de rap por parte da plataforma GN (Galos do Norte), un proxecto social galego de referencia na escena do freestyle inclusivo e a música urbana, que contaxiou a súa enerxía aos afeccionados, que pasaron unha tarde en clave azul e branca.


Inês Pereira, a pesar de caer en Finlandia, ascende con Portu...

Damián Canedo seguirá de branquiazul até 2028

O Dépor Genuine goza e celebra na MS2 Cup de Vigo

Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...