
DÉPOR ABANCA · 10 XANEIRO 2025
MICHI APÓSTOL RENOVA POLO DÉPOR ABANCA ATÉ 2027
Floriangel Mitchell Apóstol Argüelles (Lara, Venezuela, 7 de setembro de 2005), coñecida futbolísticamente como 'Michi' Apóstol, renovou o seu contrato co Dépor ABANCA até xuño de 2027, con opción a unha temporada máis.Despois de formarse na canteira do CF Deportivo Lara, debutou no primeiro equipo aos 16 anos, na temporada 2021-22. Gañou ese ano a liga FUTVE Feminina sendo nomeada mellor xogadora da competición. Anotou 11 goles e 2 na gran final.Ao ano seguinte, temporada 2022-23, ficha polo CFF ADIFFEM de Caracas proclamándose subcampioa de liga e sendo nomeada de novo a mellor xogadora.

Chega a Abegondo en xaneiro de 2024 e nestes primeiros meses na Coruña co Dépor ABANCA B de Tercera Federación xogou un total de 17 partidos e marcou 18 goles.Ademais, debutou xa co primeiro equipo en Liga F.É internacional en todas as categorías da selección venezolana e debutou xa coa absoluta en 2023 estreándose como goleadora ante Haití.Na súa primeira campaña como xogadora do Dépor ABANCA, Michi Apóstol competiu con Venezuela no Campionato Suramericano sub-20 e no Mundial da categoría disputado en Ecuador.


A expedición da RC Deportivo Fundación foi recibida por Ana P...

O San Tirso SD Cadete non logrou puntuar na liga ante o RC Ce...

Segundo partido e segundo triunfo da canteirá deportivista An...

Balón parado e finalizacións, tarefas principais de Os Nosos ...

Parte médico de Espe Pizarro

Xornada de portas abertas o vindeiro 29 de outubro na nova se...