
JUVENIL A · 13 MARZO 2026
MIGUEL FIGUEIRA: "CANTO MENOS O EMPATE ERA O MERECIDO"
Miguel Figueira dixo ao concluír o encontro de Copa do Xuvenil A no Anxo Carro ante o FC Barcelona que descoñecía "se fomos mellores ou non pero estaba tranquilo porque vía que o equipo tiña claro ao que tiña que xogar. O único pero que podo pór son os 3 goles encaixados".Cre precisamente que eses tantos recibidos polo conxunto branquiazul "forman parte desa inocencia, desa mocidade. E tamén eles teñen capacidade para facer dano. Canto menos o empate era o merecido", concluíu.Nesta liña, subliña que "fixemos moitas cousas ben" e que houbo "dous equipos moi bos. Un ten un potencial brutal. Nós igualamos o seu xogo interior. Fomos capaces de superalos, cortamos as súas combinacións. En ningún momento estiveron cómodos".

A expedición da RC Deportivo Fundación foi recibida por Ana P...

O San Tirso SD Cadete non logrou puntuar na liga ante o RC Ce...

Segundo partido e segundo triunfo da canteirá deportivista An...

Balón parado e finalizacións, tarefas principais de Os Nosos ...

Parte médico de Espe Pizarro

Xornada de portas abertas o vindeiro 29 de outubro na nova se...