
CANTERA · 15 SETEMBRO 2026
NOVA XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO DÉPOR ABANCA PARA NENAS NACIDAS ENTRE 2011 E 2020
O Dépor ABANCA, a través do convenio de filialidade co Orzán SD, organiza unha nova xornada de portas abertas para nenas nacidas entre 2011 e 2020, con e sen experiencia previa no fútbol.Baixo o lema 'Soñar en branquiazul comeza aquí', o conxunto deportivista quere achegar o fútbol ás máis pequenas cunhas xornadas de deporte, compañeirismo e paixón polo balón.Do mesmo xeito, preténdese que as familias coñezan o proxecto formativo do Deportivo ABANCA, sempre comprometido co desenvolvemento integral das nenas futbolistas desde as súas primeiras etapas.Estas xornadas serán sempre pola tarde no Dépor Training Center, con adestramentos adaptados a cada franxa de idade. Serán impartidos por técnicos do Club, nun ambiente seguro, inclusivo e motivador.O obxectivo é que as nenas aprendan, gocen e descubran o que significa formar parte dunha canteira que aposta forte polo talento feminino desde a base.A participación é totalmente gratuíta, aínda que é necesario cubrir un formulario que se obtén premendo aquí.Unha vez formalizada a inscrición, os responsables de ANOSACANTEIRA contactarán directamente coas familias para establecer os días e as horas.Anímate, trae as túas botas e as túas ganas de pasalo ben!O Dépor ABANCA espérate cos brazos abertos.

O Infantil superou ao San Tirso SD Infantil na primeira xorna...

Antonio Hidalgo quere «poñer en valor o que estamos facendo»,...

Un Dépor "nun bo momento" pero que puido "adestrar moi pouco ...

Este mércores 16 de setembro abre a OAD de 12:00 a 16:00; e o...

España, coas deportivistas Marisa e Ainoa Gómez, mídese este ...

Definidos os horarios dos próximos partidos do Fabril en Prim...