
BENJAMÍN A · 4 MAIO 2025
O BENXAMÍN A CONCLÚE A TRES CANTOS CUP NA 6ª POSICIÓN
Dous equipos de ANOSACANTEIRA tiveron torneo amigable esta semana, o Benxamín A e o Fabril FC Benxamín.Ambos os conxuntos están á espera da súa participación na Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8.Este domingo 4 de maio, o Benxamín A mediuse ao Vilarreal CF pola 5ª praza da Tres Cantos Cup. Após un encontro igualado que finalizou en empate (0-0), os deportivistas caeron nunha longa quenda de penaltis: 6-7.O equipo de Jacobo Saco quedou onte sábado apeado en cuartos de final ao perder pola mínima (0-1) ante o RCD Espanyol.O pasado xoves, festividade do 1 de maio, a quenda foi para o Fabril FC Benxamín na 1ª edición do Torneo Cidade do Lérez no campo Manolo Barreiro.Superada a Primeira Fase con 2 vitorias e 1 empate, os fabrilistas caeron no lanzamento de penaltis dos cuartos de final (2-3) ante o RC Celta, despois de que o tempo regulamentario finalizase con empate a un gol.Os resultados do Benxamín A e do Fabril FC Benxamín foron os seguintes:Tres Cantos CupPrimera FaseVenres 2 de maioBENXAMÍN A 3 (Pablo Gómez -2- e Marco Dios) - RC ALCOBENDAS 0Sábado 3 de maioBENXAMÍN A 4 (Pablo Gómez, César Leira, Nico Castro e Gael Fernández) - CD PARQUESOL 1BENXAMÍN A 1 (Marco Dios) - EVERTON FC 0Oitavos de finalBENXAMÍN A 3 (Leo Galbán -2- e Brais Iglesias) - FRESNESS 0Cuartos de finalBENXAMÍN A 0 - RCD ESPANYOL 1Domingo 4 de maioPartido pola 5ª e 6ª prazaBENXAMÍN A 0 - VILARREAL CF 0. A penaltis: 6-71º Torneo Cidade do LérezXoves 1 de maioPrimeira FaseFABRIL FC BENXAMÍN 2 (Manu López e Xosé Varela) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Pablo Campanero e Hugo Cancela) - ALONDRAS CF 2FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Xosé Varela, Pablo Campanero e Nico Mariño) - EFB MOAÑESA 0Cuartos de finalFABRIL FC BENXAMÍN 1 (Tomás Sánchez) - RC CELTA 1. A penaltis: 2-3

O partido de Copa ante o Club Portugalete, fixado para o mérc...

Un Dépor "en alerta" regresa ao traballo para, ante o Barça, ...

Longo desprazamento de máis de 35.000 quilómetros de Daniela ...

Alemaña e Uruguai serán os rivais de Sofía Domínguez en dous ...

Traballo para o Dépor ABANCA nunha semana sen competición lig...

Michi Apóstol xa está concentrada con Venezuela para 3 partid...