RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA B debuta en Segunda Federación este domingo 7  ás 17:00 en Abegondo ante o Madrid CFF B

CANTERA · 5 SETEMBRO 2025

O DÉPOR ABANCA B DEBUTA EN SEGUNDA FEDERACIÓN ESTE DOMINGO 7  ÁS 17:00 EN ABEGONDO ANTE O MADRID CFF B

O Dépor ABANCA B, campión de Tercera Federación a temporada pasada, estréase en Segunda Federación este domingo 7 de setembro ás 17:00 en Abegondo ante o Madrid CFF B.Será o único partido de ANOSACANTEIRA feminina previsto para esta fin de semana.As Nosas chegan despois dunha frutífera pretemporada e ademais con moitas xogadoras participando en amigables do primeiro equipo.As caras novas son, á marxe do técnico Sandro Nogueira procedente do Bergantiños CF, Jenny Corros (dianteira), Sonsoles Martín (dianteira), Sara Barreda (central) e Daniela Valbuena (centrocampista).A maiores, unha das noticias do verán foi a renovación da internacional Antía Veiga até xuño de 2028.O balance de pretemporada do filial deixa para o Dépor ABANCA B un triunfo ante o Real Avilés Industrial por 0-1 en Tapia de Casariego, as semifinais do Torneo Unindo Camiños nas que caeu derrotado por 0-1 polo SC Braga, un empate (2-2) en Abegondo ante o Atlético Villalonga FF de Segunda Federación, e unha derrota ante o Real Oviedo de Primera Federación por 4-0, ademais de vencer no Memorial Faraldo na Torre ao Orzán SD Sub-21 de Tercera Federación.Está activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva de Abegondo para o partido.Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web , na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición da bancada nun proceso 100 % telemático.Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 5 euros.