RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor e o Real Oviedo pelexan esta tarde pola 74 edición do Trofeo Emma Cuervo

DÉPOR · 6 AGOSTO 2025

O DÉPOR E O REAL OVIEDO PELEXAN ESTA TARDE POLA 74 EDICIÓN DO TROFEO EMMA CUERVO

O Deportivo e o Real Oviedo pelexan esta tarde (19:00 horas) pola 74 edición do Trofeo Emma Cuervo, un dos torneos históricos do fútbol español.O encontro xogarase no campo municipal Pepe Barrera e será retransmitido en directo pola .Despois de dous rivais da Championship ou Segunda División inglesa con pasado Premier League (Watford e Middlesbrough) durante a pasada semana na concentración en Inglaterra, un equipo de Primera División española medirá a progresión dos branquiazuis a pouco máis dunha semana de arrincar a competición de liga en Granada.Os prezos das entradas para o encontro desta tarde son de 20 euros (maiores de 15 anos); e 5 euros (para nenos entre 8 e 15 anos); mentres que os menores de 8 anos teñen acceso gratuíto.As localidades pódense adquirir en varios puntos de venda en Ribadeo (Cafetaría Rosa Lar, Delira Gastromica, Cienfuegos Bar e O Lar de Manolo) e nos despachos de billetes do campo municipal Pepe Barrera desde as 16:00 horas.Antonio Hidalgo realizou esta mañá unha última sesión de adestramento no campo 2 da Cidade Deportiva de Abegondo, cunha activación, un exercicio de finalizacións e un ensaio de accións a balón parado.Estiveron con traballo personalizado Ximo Navarro, Jose Ángel, Arnau Comas, Petxarroman e Helton Leite; mentres que segue no grupo o fabrilista Damián Canedo.Pola súa banda, o Real Oviedo, recentemente ascendido a LaLiga EA Sports, vén de derrotar por 1-0 á Cultural Leonesa no Trofeo Villa de Grado.Finalizado o choque, Os Nosos adestraranse de novo este xoves 7 de agosto ás 10:30 en Abegondo.