
DÉPOR · 5 OUTUBRO 2025
O DÉPOR, XA "TRABALLANDO MOITÍSIMO" NO DÉPOR TRAINING CENTER PARA "SEGUIR NESTA LIÑA, QUE NOS VAI A IR MOI BEN"
O Dépor adestrouse esta mañá no campo 2 do Dépor Training Center, tal e como asegurou onte Yeremay na zona mixta de ABANCA-RIAZOR, "traballando moitísimo".O canteirán explicou que "o míster nos pide que esteamos xuntos e que traballemos. Estamos na liña perfecta. Temos que seguir nesta liña porque nos vai a ir moi ben".Após unha activación, o corpo técnico dividiu ao cadro en dous grupos.Os titulares ante a UD Almería en ABANCA-RIAZOR pasaron a tarefas de recuperación; mentres que para o resto, a sesión continuou cun xogo de posición e fútbol reducido.

Daniel Bachmann está á espera de avaliación médica das molestias no xeonllo sufridas no adestramento do pasado venres. O seu compañeiro Germán Parreño apuntou ante os medios que foi "algo fortuíto. Estábanselle facendo probas. Sairá estes días o informe médico. Espero que sexa pouco e que se recupere pronto".Asimisimo, Escudero incorporouse ao traballo mentres que David Mella segue concentrado coa selección española sub-20 en Chile confirmada a súa clasificación para oitavos de final.Quique Teijo, Samu, Dipanda, Mane e Hugo Ríos foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.Este luns hai xornada de descanso. Os Nosos regresan aos adestramentos o martes 7 de outubro ás 10:30 en Abegondo.


Catro adestramentos, FC Porto e Real Madrid CF, todo nunha es...

Fin da pretemporada do Dépor cunha brillante edición do Trofe...

O RC Deportivo pecha a campaña 'O teu lugar en Primeira' con ...

Leo Román cre que "temos que medrar desde a portería a cero, ...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Elche CF da 1ª ...

Regreso de madrugada á Coruña para o broche final da pretempo...