
FUNDACIÓN · 10 MARZO 2026
O FK BOKELJ, ÚLTIMA PARADA DA RC DEPORTIVO FUNDACIÓN EN MONTENEGRO
A RC Deportivo Fundación concluíu a súa xira por Montenegro, na que puido coñecer desde dentro a un dos clubs históricos do país.A última parada foi o FK Bokelj na cidade de Kotor, unha referencia do fútbol montenegrino.A expedición deportivista, encabezada por Alex Espiñeira, coordinador de Proxectos Internacionais; e Lucía Otero, coordinadora de Proxectos Sociais coñeceu as súas instalacións e compartiu un encontro próximo con representantes da entidade.Esta xornada serviu para seguir fortalecendo relacións, intercambiar experiencias e coñecer diferentes modelos de organización e desenvolvemento do fútbol no contexto internacional, pechando así unha expedición marcada pola aprendizaxe, o intercambio de coñecemento e a proxección internacional do RC Deportivo.Todas estas accións desenvólvense no marco das mobilidades internacionais do programa Erasmus+, reafirmando o compromiso da Fundación RC Deportivo coa cooperación, a formación e o crecemento a través do deporte.

Longo desprazamento de máis de 35.000 quilómetros de Daniela ...

Alemaña e Uruguai serán os rivais de Sofía Domínguez en dous ...

Traballo para o Dépor ABANCA nunha semana sen competición lig...

Michi Apóstol xa está concentrada con Venezuela para 3 partid...

O Dépor ABANCA - Real Sociedad do mércores 9 de decembro ás 1...

Sesión do Dépor este luns 23 en dous grupos previa á xornada ...