
DÉPOR · 30 MARZO 2026
O PARTIDO DO DÉPOR ANTE O CÓRDOBA CF, "DÍA DÉ..." O DEPORTE CORUÑÉS
O partido do Dépor ante o Córdoba CF deste martes 31 de marzo ás 20:00 horas en ABANCA-RIAZOR foi declarado polo RC Deportivo como "Día DÉ..." O Deporte Coruñés.Será moito máis que un partido, unha celebración do que somos como cidade e como xente.Será unha homenaxe a todos aqueles deportistas que, desde calquera disciplina, representan o esforzo, a paixón e o orgullo da Coruña.O deporte coruñés non entende de límites nin de categorías: vívese en cada pista, en cada rúa, en cada adestramento e en cada soño.ABANCA-RIAZOR será o punto de encontro de todos eles. Un lugar onde o aplauso non só empuxa ao equipo, senón que recoñece a toda unha cidade que sente o deporte como parte da súa identidade.Desta forma, representantes dos principais clubs deportivos da Coruña estarán presentes no Palco de Honra.En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.

A participación do Dépor ABANCA Alevín desde este venres 12 n...

O DéporCampus de Cee, nos renovados campos de Sampaio de Refo...

Nova semana de torneos en ANOSACANTEIRA e de entrega do trofe...

O músico coruñés Xoel López comporá o novo himno do RC Deport...

A RC Deportivo Fundación estreita lazos coa Universidade de M...

Diego Villares renova polo Dépor ata 2028