
DÉPOR · 5 DECEMBRO 2025
O RC DEPORTIVO BUSINESS CLUB DESPIDE 2025 CUNHA ACTIVIDADE DE 'SHOWCOOKING' NO RESTAURANTE ÁRBORE DA VEIRA
O RC Deportivo Business Club puxo o broche de ouro a un 2025 cheo de proxectos, alianzas e novas oportunidades cunha celebración moi especial: unha actividade de 'Showcooking' no restaurante Árbore da Veira. Unha noite pensada para brindar xuntos por todo o que construímos e por todo o que está por vir.Un encontro único entre unha trintena de empresarios de diferentes entidades vinculadas ao Club, profesionais e amigos unidos polos valores do deportivismo, o espírito colaborativo e a ilusión por seguir crecendo en comunidade.Houbo momentos para compartir, para recoñecer o camiño percorrido e para seguir fortalecendo os lazos que fan do RC Deportivo Business Club un punto de encontro privilexiado para o talento e a iniciativa empresarial.Música, sorpresas, un ambiente excepcional, leccións de cociña da man do chef Luis Veira e por suposto fútbol co partido de Copa del Rey do Dépor en Sabadell converteron esta velada no escenario perfecto para despedir o ano como se merece: con enerxía, con unión e coa mirada posta nun futuro cheo de posibilidades.Porque xuntos somos máis.Porque seguimos construíndo rede, impulso e orgullo.Porque este club non só se vive... compártese.


O partido de Copa ante o Club Portugalete, fixado para o mérc...

Un Dépor "en alerta" regresa ao traballo para, ante o Barça, ...

Longo desprazamento de máis de 35.000 quilómetros de Daniela ...

Alemaña e Uruguai serán os rivais de Sofía Domínguez en dous ...

Traballo para o Dépor ABANCA nunha semana sen competición lig...

Michi Apóstol xa está concentrada con Venezuela para 3 partid...