RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O RC Deportivo presenta unha nova app que integra todas as funcionalidades nunha contorna personalizada e completamente accesible

DÉPOR · 3 XANEIRO 2026

O RC DEPORTIVO PRESENTA UNHA NOVA APP QUE INTEGRA TODAS AS FUNCIONALIDADES NUNHA CONTORNA PERSONALIZADA E COMPLETAMENTE ACCESIBLE

O RC Deportivo dá un novo paso adiante no seu proceso de modernización e crecemento dixital co lanzamento da súa nova aplicación oficial, unha ferramenta pensada para mellorar de forma integral o punto de contacto entre o Club e a afección deportivista.A nova app do Dépor ofrece a socios e afeccionados un espazo único desde o que acceder a todo o que rodea ao Club de forma sinxela, rápida e personalizada. Trátase dunha app nativa que integra nunha soa contorna todas as funcionalidades e contidos de interese para o deportivismo.A través da aplicación, o usuario poderá consultar noticias, seguir os partidos en directo, coñecer ao detalle a clasificación, os cadros e a información tanto do primeiro equipo masculino e feminino como da canteira. Ademais, centraliza servizos crave como a ticketera, o acceso ao MoeDÉiro, a compra na Déportienda e a xestión do abono.A app conta agora cun novo sistema de notificacións, o máis avanzado implementado até agora polo Club, que permitirá manter informada á afección en tempo real sobre partidos, novidades, contidos exclusivos e comunicacións relevantes. Á vez, os usuarios poderán gozar da aplicación en modo escuro, para evitar a fatiga visual e executar unha navegación máis confortable visualmente.A nova app do Dépor tamén destaca pola súa firme aposta pola inclusividad e a accesibilidade dixital, cumprindo cos principais estándares de accesibilidade para persoas con discapacidades físicas, motrices e visuais.Nesta liña, débese destacar que a aplicación deportivista estará en constante actualización e evolución, incorporando melloras e novas funcionalidades para seguir elevando a experiencia dixital da afección.A nova app xa está dispoñible para todos os usuarios IOS e nos próximos días estará dispoñible de forma progresiva para todos os usuarios ANDROID.Recomendacións importantesAntes de ir a ABANCA-RIAZOR, accede ao teu app e asegúrache de tela correctamente actualizada se cho solicita:- Non necesitas crear unha nova conta: inicia sesión coa túa dirección de correo e contrasinal actuais.- Se non lembras o teu contrasinal, pulsa en "Esqueciches o teu contrasinal" para restablecela.- Recomendámosche facelo con antelación para poder acceder sen problemas o día de partido co teu abono dixital.Se tes calquera incidencia, escríbenos á [email protected]