
DÉPOR · 6 AGOSTO 2026
OS NOSOS PERNOCTAN EN FLORENCIA E CONCLÚEN A XIRA ESTE SÁBADO 8 DE AGOSTO EN XÉNOVA
Finalizado o encontro no Stadio Curva Fiesole, Os Nosos pernoctan no Centro Técnico da Federación Italiana de Fútbol en Coverciano.Este venres 7 de agosto, o Dépor adestrarase ás 10:30 no campo 'Enzo Bearzot' do Centro Técnico da Federación Italiana de Fútbol e, pola tarde, emprenderá viaxe por estrada a Xénova.A xira por Alemaña e Italia concluirá este sábado 8 de agosto ás 20:45 no Stadio Luigi Ferraris ante o Genoa ACF da Serie A.O encontro, como o resto do verán, será retransmitido en directo polo canle oficial de YouTube do RC Deportivo.O calendario completo de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:SD Compostela 0 - Deportivo 4 (Gijselhart, Eddahchouri -2- e Kevin Sánchez)Real Oviedo 0 - Deportivo 0Deportivo 1 (Aubameyang) - CD Lugo 0FC St Pauli 2 - Deportivo 2 (Bright Ede e Eddahchouri)ACF Fiorentina 1 - Deportivo 1 (Bil)Genoa CFC - Deportivo, o sábado 8 de agosto ás 20:45 no Stadio Luigi FerrarisDeportivo - Real Madrid CF, o mércores 12 de agosto ás 21:00 horas en ABANCA-RIAZOR (Trofeo Teresa Herrera)

Resultados dunha fin de semana reducida en ANOSACANTEIRA femi...

O Fabril rabuña un punto en Lezama ante o Athletic Club B nun...

As Nosas regresaron esta noite á Coruña e adestran este luns ...

Os Nosos volven ao traballo este luns 21 de setembro ás 10:30...

Primeira e contundente vitoria en liga dun Dépor ABANCA que e...

O Dépor rescata un punto ante o Real Betis despois dun "esfor...