RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Paula Hernández cualifica o proxecto do Dépor ABANCA de "moi ambicioso. Atrae moito ás xogadoras"

DÉPOR ABANCA · 2 SETEMBRO 2026

PAULA HERNÁNDEZ CUALIFICA O PROXECTO DO DÉPOR ABANCA DE "MOI AMBICIOSO. ATRAE MOITO ÁS XOGADORAS"

Paula Hernández de la Nuez (Las Palmas de Gran Canaria, 14 de outubro de 2006) foi presentada este mércores 2 de setembro como nova xogadora branquiazul até xuño de 2027, con opción de ampliar a súa vinculación.En primeiro lugar, a futbolista do Dépor ABANCA posou coa súa camisola branquiazul para os medios gráficos no campo Arsenio Iglesias acompañada por Kevin Cabado.Na sala de prensa do Dépor Training Center tomou en primeiro lugar a palabra o responsable do Dépor ABANCA, quen salientou que a futbolista canaria «é un proxecto de presente, pero tamén de moito futuro. Anunciabamos que a súa incorporación é por un ano, pero temos unha opción de ampliación de cara ao futuro».Advirte que «é unha rapaza que destacou en Primera Federación a temporada pasada, sendo unha das xogadoras máis sobranceiras».Destaca que «demostrou durante a pretemporada o nivel que ten. Gañou a confianza do míster. O outro día tivo a sorte de debutar como titular en ABANCA-RIAZOR. Coa pretemporada que fixo, xa é unha realidade».Kevin Cabado defínea como «moi polivalente, capaz de actuar na zona de tres cuartos, tanto de mediapunta como aberta á banda. É o que queremos no Dépor: orde e talento; pero eu engadiría a palabra traballo».

paulaykevin0209.jpg

Pola súa banda, Paula Hernández confesa que o Dépor ABANCA "é un reto para min. Con traballo, con sacrificio poderei acadar os meus obxectivos; e con ganas de seguir traballando e dando a cara para poder axudar ao equipo".A nova centrocampista branquiazul fala dun "proxecto moi ambicioso. Atrae moito ás xogadoras. Tírame moito A Coruña, que está na costa. Eu tamén veño de alí. É unha cidade incrible. Acolléronnos coma se estivésemos na casa. Estou moi contenta aquí".Despois do primeiro partido recalca que "temos marxe de mellora. Somos un equipo novo, xogadoras novas. Temos que seguir coñecéndonos. Na pretemporada viuse como fomos de menos a máis. E queremos que sexa así durante a temporada. Con traballo e sacrificio podemos chegar o máis alto posible".

paulahernandez0209.jpg

A nivel persoal cre que «debutar é un gran paso. E facelo en ABANCA-RIAZOR, nese gran estadio e coa afección, é un reto aínda maior. Afronteino con moitas ganas e moi ilusionada por poder seguir traballando e ter máis oportunidades».Finalmente, Paula Hernández apunta que «con traballo e constancia intento espremer ao máximo as miñas calidades. Intento ter unha visión ampla dentro do terreo de xogo, o que me permite anticiparme ás accións que se producen no partido».

Real Club Deportivo de La Coruña