
FUNDACIÓN · 23 SETEMBRO 2025
PRESENTADA A DÉPOR ESCOLA FEIRACO EN SADA, CON PRAZAS AÍNDA EN 5 DAS 6 QUENDAS HABILITADAS
Sada presentou o seu Dépor Escola Feiraco 2025-26, que comezará a súa actividade no campo das Mariñas o próximo 1 de outubro en colaboración co Sada CF.Ao acto asistiron Jacobo Vázquez, Director Deportivo, e Martín Díez, coordinador de fútbol 8 do Sada CF; e Jacobo Saco e Sergio Maurente, responsables das Dépor Escolas Feiraco.Está aberto o prazo de inscrición para novas altas en .Esgotada a quenda dos venres ás 17:15, aínda hai prazas para o resto: luns e mércores ás 16:15 e 17:15 horas; ademais do venres ás 16:15.Esta escola profesional de fútbol está destinada a todos os nenos e nenas nadas entre 2012 e 2019 incluídos que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo independentemente do seu nivel de práctica.Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade... pode consultarse en .Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico [email protected].


Novo obradoiro de formación do proxecto 'One Team no Limits'

Antía Veiga arrinca este martes 5 de maio ante Finlandia o Ca...

O Dépor iniciou este luns 4 de maio unha semana curta de trab...

Manu Ferreiro, deportivista até 2029

Á venda as entradas para o Dépor - FC Andorra do domingo 17 d...

Fran Alonso: "Aquí ninguén déixase ir, aquí as vacacións son ...