
FUNDACIÓN · 25 XULLO 2025
REPARTICIÓN DE DIPLOMAS AOS 150 NENOS E NENAS DO DÉPORCAMPUS CABREIROÁ EN ABEGONDO E SADA
O DéporCampus Cabreiroá 2025, a principal actividade social que chega da man da Fundación RC Deportivo, concluíu este venres 25, Día de Galicia, a súa quinta semana con 150 nenos e nenas participantes.Nesta ocasión a actividade reduciuse á quinta quenda de Abegondo e á sede de Sada, que tamén acolle a Escola RC Deportivo durante o curso escolar.A novidade deste ano consiste en que futbolistas do primeiro equipo deportivista tanto masculino como feminino xunto a canteiráns e canteirás son os encargados cada semana de repartir os diplomas, asinar autógrafos e fotografarse cos alumnos e alumnas.Nesta ocasión, Yeremay, Eddahchouri, Jose Ángel, Arnau, Paula Monteagudo, Paula Gutiérrez, Olaya, Sara Extremera e Samara visitaron a sede de Abegondo; e os canteiráns Abel e Miguel de Labra, a de Sada.Os DéporCampus Cabreiroá empregan o método Dépor, impartido por adestradores do Club; e baseado no respecto polo rival, o xogo limpo e o esforzo.Entre os obxectivos están aprender e desenvolver a coordinación a través de xogos coordinativos; aprender as habilidades e conceptos na relación co corpo; aprender as habilidades e conceptos na relación co balón; traballar os fundamentos técnico-tácticos cunha metodoloxía analítica; competir e gozar mediante partidos en diferentes espazos; e finalmente transmitir os valores que representa o Dépor: RESPECTO, SOLIDARIEDADE, AMIZADE, XOGO LIMPO, INTEGRACIÓN, ESFORZO E FELICIDADE.Toda a información sobre cada sede, quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase en deporcampus.rcdeportivo.es, onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto.Última semana entre Abegondo e ZasA próxima semana conclúe a presente edición dos DéporCampus Cabreiroá 2025.Na Cidade Deportiva desenvolverase a sexta quenda de Abegondo, ademais da sede de Zas e Cedeira.Será o broche final a un verán de deportivismo repartido por toda Galicia.


Vilalba, próxima parada do Dépor este verán

Sen goles no Carlos Tartiere de Oviedo no segundo amigable do...

O Dépor ABANCA B xa está en marcha

O Dépor ABANCA gozará dun domingo de descanso antes de inicia...

O RC Deportivo presenta a súa terceira equipación 2026-27, un...

Os DéporCampus concluíron a súa 5ª semana cargada de fútbol, ...