RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Resultados deste sábado 14 en ANOSACANTEIRA feminina e calendario deste domingo 15, co Dépor ABANCA B na Coruña ante o Victoria CF

CANTERA · 15 NOVEMBRO 2026

RESULTADOS DESTE SÁBADO 14 EN ANOSACANTEIRA FEMININA E CALENDARIO DESTE DOMINGO 15, CO DÉPOR ABANCA B NA CORUÑA ANTE O VICTORIA CF

En ANOSACANTEIRA, o Dépor ABANCA retoma a competición este domingo 15 de novembro ás 12:15 ante o Victoria CF no campo Víctor Fernández Alonso da Coruña.As Nosas lideran a táboa en Segunda Federación con 21 puntos polos 18 do segundo clasificado, o Real Oviedo.O filial celebra ademais o debut doutra canteirá co primeiro equipo, Antía Mayo (na foto principal da nova). Saíu de titular no partido de Copa de la Reina disputado en Barcelona o pasado xoves 12 ante o CE Europa.Tamén este domingo 15 o Orzán SD Sub-21, 6º na táboa con 16 puntos, visita a SD O Val, que é 9º con 10.E en Primera Autonómica, o Orzán SD Xuvenil, 2º con 21 puntos, recibe a UD Carral, que suma 13 puntos na 6ª posición.Este sábado 14, o Orzán SD Cadete dobregou (0-11) a SD O Val e lidera o grupo A da Liga Gallega con 18 puntos.Na Liga Gallega infantil, o Orzán SD Infantil A superou por 7-0 ao Oza Juvenil SD, resultado que mantén as orzanistas con 15 puntos á fronte do grupo A.Mentres que o Orzán SD Infantil B, no grupo B, caeu (10-0) na súa visita ao Bergantiños CF e segue na táboa con 3 puntos na 6ª praza.O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Segunda Federación9ª xornada: VICTORIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 15 de novembro ás 12:15 no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma)Tercera Federación10ª xornada: SD O VAL - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 15 de novembro ás 12:00 no campo Sinde B (Narón)Primera Autonómica10ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - UD CARRAL, o domingo 15 de novembro ás 16:00 na Torre (campo 2).Liga Gallega cadete6ª xornada: CD NARÓN 0 - ORZÁN SD CADETE 11 (Inés Neira -3-, María López-Perales -2-, Lorena Anastase -3-, Amara Naceur, Lara Vázquez e Helen Vega)Liga Gallega infantil5ª xornada, Grupo A: ORZÁN SD INFANTIL A 7 (Daniela Muiño, Mencía Queijas, Catalina Seoane -2- e Ariadna Arroyo -3-) - OZA JUVENIL SD 05ª xornada, Grupo B: BERGANTIÑOS CF 10 - ORZÁN SD INFANTIL B 0