
DÉPOR · 18 ABRIL 2026
SÁBADO DE BAIXA CARGA FÍSICA PARA OS NOSOS NO DÉPOR TRAINING CENTER
Antonio Hidalgo dispuxo unha xornada de sábado de baixa carga física para Os Nosos nunha semana longa de traballo.O cadro arrincou a asollada mañá na sala de vídeo.Xa no campo, e con outra sesión por diante este domingo 19 de abril ás 10:30, os futbolistas realizaron unha activación antes duns rondos e fútbol-tenis.O traballo no céspede concluíu cunha tarefa de finalizacións no campo 2 e un repaso ás accións a balón parado.Con Mella con adestramento personalizado, Bil foi o representante de ANOSACANTEIRA.Este domingo 19 de abril, o Dépor realizará no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas a última sesión de adestramento previa ao partido deste luns 20 de abril ás 20:30 horas (LaLiga TV Hypermotion) ante o CD Mirandés.


Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...