
CANTERA · 11 FEBREIRO 2026
SAMU FERNÁNDEZ, ESTE COA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-19, SÚMASE Á ONDA DE CITACIÓNS INTERNACIONAIS EN ANOSACANTEIRA
Samuel Fernández Leonardo (Narón, 17 de marzo de 2007) foi convocado pola selección española sub-19 para dous partidos amigables ante Noruega en Benidorm.O central fabrilista súmase así ás citacións de Michi Apóstol (Venezuela), Lucía Rivas e Paula Redruello (España sub-19), Mauro Valeiro (España sub-17), Antía Veiga (España sub-17) e Raúl Lema (España sub-16).Samu incorporarase á concentración do equipo nacional o vindeiro luns 16 de febreiro.O calendario de partidos de España sub-19 é o seguinte:Martes 17 de febreiro15:00: ESPAÑA - NORUEGA, no Estadio Guillermo Amor de BenidormXoves 19 de febreiro11:00: ESPAÑA - NORUEGA, no Estadio Guillermo Amor de BenidormSamu debutou coa selección española sub-19 o pasado mes de decembro con motivo da SBS International Cup, torneo no que foi campión.Co Deportivo estreouse en partido oficial o pasado xoves 4 de decembro na Nova Creu Alta ante o CE Sabadell FC.Esta temporada, o defensor naronés suma 13 partidos co Fabril en Segunda Federación, todos eles de titular.

O partido de Copa ante o Club Portugalete, fixado para o mérc...

Un Dépor "en alerta" regresa ao traballo para, ante o Barça, ...

Longo desprazamento de máis de 35.000 quilómetros de Daniela ...

Alemaña e Uruguai serán os rivais de Sofía Domínguez en dous ...

Traballo para o Dépor ABANCA nunha semana sen competición lig...

Michi Apóstol xa está concentrada con Venezuela para 3 partid...