
DÉPOR ABANCA · 1 OUTUBRO 2026
SOFÍA DOMÍNGUEZ, NA SÚA PRESENTACIÓN: «SEMPRE QUIXEN SABER COMO É A LIGA DE ESPAÑA E QUE MELLOR QUE CHEGAR A UN CLUB TAN GRANDE COMO O DÉPOR»
Evelyn Sofía Domínguez Acuña (Buenos Aires, Arxentina, 16 de decembro de 2005), coñecida futbolisticamente como Sofía Domínguez, foi presentada este xoves 1 de outubro como nova xogadora do Dépor ABANCA até xuño de 2027.En primeiro lugar, a internacional arxentina posou coa súa camiseta no campo Arsenio Iglesias acompañada por Kevin Cabado.Xa na sala de prensa, o responsable do Dépor ABANCA salientou «o nivel que ten, a polivalencia. É unha xogadora que pode actuar tanto no lateral dereito como en posicións interiores, cunha gran traxectoria nas categorías inferiores da selección e chegando á absoluta, xa con bastantes participacións».Destaca ademais que «veu sumar desde o día 1, está medrando moito, adaptouse moi rápido ao fútbol español. Cada xornada está a ofrecer un rendemento maior».

Pola súa banda, Sofía Domínguez confesou que a chamada do Dépor ABANCA «chega con moita ilusión porque desde pequena unha busca medrar, busca chegar ao mellor e creo que este Club e esta liga o son. Así que se recibiu con moita alegría».Desvela que «sempre quixen saber como é a liga de España e que mellor que chegar a un club tan grande como é o Dépor».

Defínese como unha xogadora capaz de adaptarse a distintas posicións e destaca «a miña visión dentro do campo, ese último pase, pero todo se potencia cando tes xente boa e boas compañeiras que te levan a dar a túa mellor versión».Finalmente, sobre o encontro ante o Atlético de Madrid deste sábado 3 de outubro ás 16:00 (Dazn, Teledeporte e RTVE Play) en ABANCA-RIAZOR, Sofía Domínguez insiste en ir «partido a partido, semana a semana. Dependendo do equipo que toque, centrámonos nalgúns puntos relevantes. O importante somos nós como equipo, que podemos facer, cales son as nosas virtudes, e ir collendo esa confianza pouco a pouco».

Manuel Pablo pídelle ao seu equipo en Logroño «medrar nós co ...

Alberto Rodríguez: "Estamos mellorando cada vez máis no que q...

Este venres 2 de outubro abre a OAD de 9:15 a 14:00 e os desp...

Inês Pereira, convocada por Portugal para o play off ante Irl...

Amigable entre Dépor e FC Oporto este venres 2 de outubro en ...

Resultados deste mércores 30 de setembro en ANOSACANTEIRA e c...