
DÉPOR FABRIL · 9 OUTUBRO 2026
"TEMOS QUE MEDRAR PARA SEGUIR COMPETINDO BEN NESTA CATEGORÍA", AVISA MANUEL PABLO
Manuel Pablo subliñou na sala de prensa do Dépor Training Center que agarda este sábado 10 de outubro ás 16:30 (TVG) en ABANCA-RIAZOR ante o Racing de Ferrol un partido "como todos os da categoría, difícil, ante un equipo que xoga ben, con xente que estivo en Segunda División, cunha afección que vai vir en gran número".O técnico fabrilista advirte que "temos que buscar o noso xogo, o noso comportamento, estar cun punto máis tanto na presión como no inicio e no xogo, e intentar medrar".Admite que en Las Gaunas "faltounos un pouco desa enerxía que sempre transmitimos" e recalca que o equipo racinguista "está feito para outras cousas, como moitos".Precisamente dese partido ante o UD Logroñés aprende o preparador do Fabril que "non estás a ese nivel que teñen eses equipos que están agora mesmo por diante. Apréndese que tes que ir medrando, que tes que ter fame. Eles están aí porque demostraron que queren estar aí".Finalmente, a Manuel Pablo están a sorprendelo en Primera Federación "os rivais. Non ten nada que ver coa Segunda Federación. Aquí prémenche todos. En Segunda Federación eramos capaces de dominar porque os equipos pechábanse de primeiras, non viñan buscarte. Nesta categoría veñen buscarte todos, dá igual en que posto estean. Dificúltanche a saída de balón. É máis difícil dominar porque xa intentan que non teñas unha saída limpa".Cre que "entramos ben na categoría. Estamos sufrindo moito nos duelos e aí temos que seguir medrando, igual que noutros aspectos. Podemos facer máis dano cando roubamos arriba. Sobre todo temos que medrar para seguir competindo ben nesta categoría".

Sofía Domínguez enfróntase con Argentina este sábado 10 de ou...

Daniela Caracas, ante Michi Apóstol nun amigable de Colombia ...

Michi Apóstol mídese este sábado 10 de outubro con Venezuela ...

Inês Pereira foi titular este venres 9 ante Irlanda do Norte ...

Antonio Hidalgo, respecto ás baixas, advirte que «tamén hai x...

El Fabril recibe ao Racing de Ferrol este sábado 10 en ABANCA...