RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Tres adestramentos no Dépor ABANCA, xa con Marisa García e Ainoa Gómez, previos ao partido ante o Atlético de Madrid

DÉPOR ABANCA · 29 SETEMBRO 2026

TRES ADESTRAMENTOS NO DÉPOR ABANCA, XA CON MARISA GARCÍA E AINOA GÓMEZ, PREVIOS AO PARTIDO ANTE O ATLÉTICO DE MADRID

O Dépor ABANCA, este martes 29 de setembro con xornada de descanso, realizará 3 adestramentos matinais no Dépor Training Center como preparación do partido ante o Atlético de Madrid previsto para este sábado 3 de outubro ás 16:00 en ABANCA-RIAZOR, retransmitido en directo por Dazn, Teledeporte e RTVE Play.Tras o empate ante o RCD Espanyol do pasado domingo, As Nosas chegan ao encontro ante as colchoneras na 13ª posición con 5 puntos.Alberto Rodríguez recibirá dous 'reforzos' de ouro. Este mércores 30 de setembro, Marisa García e Ainoa Gómez incorpóranse aos adestramentos despois de proclamárense campioas do mundo sub-20.A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variacións por razóns técnicas, é a seguinte:Mércores 30 de setembro11:00 h.Xoves 1 de outubro11:00 h.Venres 2 de outubro11:00 h.Sábado 3 de outubro16:00: Deportivo ABANCA - Atlético de Madrid, en ABANCA-RIAZOR