
DÉPOR · 24 MARZO 2026
ÚLTIMAS UNIDADES Á VENDA DA CAMISETA RETRO DO DÉPOR
Os deportivistas poderán adquirir a camiseta retro presentada a semana pasada na DéporTienda de ABANCA-RIAZOR desde este sábado 28 de marzo ás 10:00 e até final de existencias.Así mesmo, e ante a gran acollida da peza branquiazul, o RC Deportivo e Kappa tamén pon á venda máis unidades da camiseta retro online nesta até o domingo 29 de marzo ás 23:59, que chegarán en xuño após o período de fabricación.O equipo xogará con este equipamento na primeira Xornada Retro que organiza LaLiga na 35ª xornada, con motivo da visita á SD Huesca.A camiseta recupera un dos deseños máis representativos de finais dos anos 80.Durante esa década consolidouse a estética de franxas azuis e brancas estreitas, recuperadas após a temporada do descenso a Tercera, e apareceron as primeiras marcas de roupa que vestiron ao equipo, como Austral, Gilcor ou Rafrey.Tamén chegou o primeiro patrocinador da camiseta, Hotel Rías Altas, na temporada 1985-86.O deseño que inspira esta peza estreouse na temporada 1987-88, coincidindo coa firma dun novo patrocinador técnico (Rafrey) e cunha campaña crave na que o RC Deportivo logrou a permanencia para evitar o descenso a Segunda B grazas ao gol de Vicente Celeiro, na última xornada, fronte ao Racing de Santander.Aquela camiseta (manga curta, fondo branco e liñas finas verticais azuis) volvería verse sobre o céspede na temporada 1988-89 utilizada como segundo equipamento.O RC Deportivo rescata esta camiseta histórica para revivir a estética e o carácter dunha época importante na súa evolución, previa a unha época gloriosa onde se conquistaron 6 dos 7 títulos oficiais do Club.

O DéporCampus Marín acada este ano 2026 a súa terceira edició...

Lucía Rivas e Redru prepararán con España do 15 ao 19 de xuño...

Os Nosos gozan xa duns merecidos días de descanso

Fran Alonso móstrase neste final de liga "orgulloso das xogad...

Un día para o recordo: o deportivismo celebrou unido unha tem...

Antonio Hidalgo recoñece que "hai que falar sobre a situación...