
DÉPOR · 14 NOVEMBRO 2025
ÚLTIMO ENSAIO ESTE VENRES DE OS NOSOS NO DÉPOR TRAINING CENTER CON XIMO NAVARRO, ESCUDERO E BACHMANN Á MARXE DO GRUPO
Os Nosos realizaron este venres a última sesión de traballo no Dépor Training Center previa ao encontro deste domingo 16 de novembro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion, TVG, GOL, TEN e Cayo TV) ante o Córdoba CF no Bahrein Victorious Nuevo Arcángel.Este sábado 15 a expedición branquiazul desprazarase á primeira hora da mañá, vía Sevilla, e adestrarase a partir das 18:00 na Cidade Deportiva do Córdoba CF.Tan só estiveron á marxe Ximo Navarro, Escudero e Daniel Bachmann. "Van evolucionando segundo o previsto. Onte Daniel estivo en campo, Ximo tamén vai facendo algunha cousa, Escu tamén nese proceso que non vai ser inmediato. Aos poucos van restando semanas que cando estás lesionado é o máis importante", manifestou Antonio Hidalgo esta mañá na sala de prensa.Ademais, o técnico deportivista explicou que onte xoves "Yeremay completou o adestramento sen problemas. Jose Gragera, por precaución, decidimos que só fixese unha parte".Por conseguinte, "espera que os dous estean perfectamente para o domingo".

Antonio Hidalgo lembra que "hai que convivir coas molestias. Todos os que xogamos sabemos do que vai e da dificultade que ten cando non estás ao 100%. Jose Gragera dáo todo, sempre está disposto para o que demandemos e estou contento de contar con el".O gardameta Álex Marqués, Samu e Quique Teijo foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.O corpo técnico dispuxo após unha activación con rondos no campo 3, un ensaio do plan de partido e un repaso ás accións a balón parado no campo 2.


Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Nsongo Bil, citado por primeira vez por Camerún para 3 partid...

O Dépor regresa este martes 8 de setembro ao traballo e lembr...

Alberto Rodríguez cre que o Dépor ABANCA fixo en Tenerife «un...

Luismi: "O grupo está mentalizado nunha cousa e imos por bo c...

Primeiro partido de Marisa García e Ainoa Gómez no Mundial su...