RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES
TERESA HERRERA

Actos institucionais do LXX Teresa Herrera

  Como cada ano, a celebración do Trofeo Teresa Herrera está vencellada a unha serie de actos institucionais que se desenvolven no día do torneo.

Ás 13:45 h. o Salón de Sesións do Pazo Municipal acolle a recepción municipal na que participarán a corporación, os presidentes dos equipos participantes, o cónsul de Portugal, os patrocinadores, asociacións deportivas, representantes da FGF e a AFAC. Os concelleiros José Manuel Sande e Rocío Fraga serán os máximos representantes do Concello durante toda a xornada.
 
Ás 14,30h. terá lugar no Hotel Attica 21 a tradicional comida cos Medios de Comunicación acreditados, convite de Alcampo, patrocinador do Trofeo.
 
Ás 16:00 comezarán as finais do mini Teresa Herrera no Estadio Municipal de Riazor [Prebenxamín: Orillamar - Imperátor, metade do campo correspondente á bancada de Marathón. Final benxamín: Deportivo - Victoria, metade do campo correspondente á bancada de Pavillón], ás 17:30 h. a final do Teresa Herrera Feminino: Rayo Vallecano - Victoria F.C., e ás 20:00 a final do LXX Teresa Herrera entre o Deportivo e o Sporting Braga de Portugal.