RCDeportivo Logo
f38d8825-4af9-44a2-ade6-6f4925db4e6d-8192x5464.jpg

FORO SOCIAL

Un espazo de diálogo e participación impulsado co obxectivo de reforzar as canles de escoita activa coa súa masa social e abordar algúns dos principais retos estratéxicos, sociais e institucionais da entidade. O Foro nace coa vocación de consolidarse como un espazo estable de conversa, reflexión e construción conxunta entre o Club e a súa comunidade social.

Preguntas e Respostas: Animación, Sancións e Identificacións en Marathón Inferior

O RC Deportivo, ante o regreso a Primeira División e o inicio da tempada en ABANCA-RIAZOR, aclara as principais cuestións relacionadas coa animación, coas sancións recibidas e coas condicións particulares de Marathón Inferior.

Campaña de abonados

O Club considera fundamental a existencia e o empuxe de Marathón Inferior para que o equipo se sinta arroupado, tanto nos momentos favorables como, sobre todo, na adversidade. O alento de ABANCA-RIAZOR dá puntos cada tempada, e o papel de Marathón Inferior na xeración dese ambiente é vital para o Dépor. Precisamente por iso, o obxectivo principal das medidas adoptadas é que a bancada non chegue nunca a pecharse: que os seus preto de 4.000 abonados poidan estar no seu asento desde o primeiro partido en Primeira e que Marathón Inferior siga a ser un espazo de animación, paixón e apoio ao equipo.

Son varias as actuacións que demostran a importancia que o Club concede á bancada: • Autoriza e facilita os elementos de animación —bandeiras, pancartas, bombos e megáfonos— que cumpran as condicións técnicas e de seguridade. • Integra a bancada nos espazos de diálogo do Club, como o Foro Social. • Habilitou unha fase online de renovación para facilitar o trámite e reducir desprazamentos. • Estableceu que os partidos liberados correctamente polas canles oficiais non computan como inasistencia, e que se valorarán as causas de forza maior debidamente xustificadas. • Ata a data, asumiu integramente o importe económico e o impacto reputacional negativo de todas as sancións impostas por feitos producidos na bancada.

Non. Todo o contrario. Estas medidas non buscan silenciar a bancada, senón garantir que poida seguir animando e que ningunha conduta violenta, ofensiva ou contraria ás normas poña en risco a súa continuidade. Animar con intensidade é compatible con facelo desde o respecto: o obxectivo é que a bancada sexa coñecida por como empurra ao Dépor, non polas sancións ou incidentes.

A RFEF abriu 17 expedientes disciplinarios ao Club durante a tempada 2025/26, todos eles por feitos producidos en Marathón Inferior. A gran maioría corresponde a cánticos contrarios á normativa antiviolencia —cánticos que insultan gravemente a clubs, xogadores ou árbitros, mensaxes que incitan á violencia ou manifestacións incitadoras da violencia ou discriminatorias—, e os expedientes máis recentes inclúen ademais o lanzamento de obxectos ao terreo de xogo. O Club quere subliñalo con claridade: estes feitos son protagonizados por unha minoría. A inmensa maioría dos abonados de Marathón Inferior cumpre as normas e acode unicamente para apoiar o equipo.

As multas polos cánticos oscilan entre os 6.001 e os 18.000 euros por partido. No conxunto da tempada 2025/26, as sancións xa cuantificadas superan os 267.000 euros. Son recursos que deberían destinarse ao equipo, ás instalacións ou a mellorar os servizos para os deportivistas.

Dados estes antecedentes, o peche parcial desta bancada e do recinto deportivo na súa totalidade, tal e como veñen notificando ao Club as distintas institucións, é o motivo principal de todas as medidas adoptadas. Os órganos disciplinares xa formularon apercibimentos de clausura e, no último expediente, aínda en tramitación, constan dúas sancións federativas de clausura parcial con apercibimento de clausura total por cánticos e lanzamento de obxectos. De forma obxectiva, ese é o escenario ao que se expón Marathón Inferior se non se actúa.

Os órganos disciplinares esixen que os clubs adopten medidas preventivas e reactivas: informar, pedir o cesamento dos cánticos, identificar as persoas responsables e, cando corresponda, expulsa-las ou iniciar actuacións disciplinares. A falta de actuación agrava de maneira significativa as consecuencias para o Club, expoñéndoo a un risco total, xa non só económico senón tamén social e reputacional. As condicións particulares de Marathón Inferior responden ás recomendacións das institucións organizadoras da competición.

Non sería responsable facelo, nin está en liña co cumprimento da normativa: as sancións xa cuantificadas superan os 267.000 euros e a reiteración derivou en apercibimentos de clausura. A reiteración provoca sancións económicas cada vez maiores e medidas deportivas ou organizativas máis graves, como peches parciais da bancada ou do estadio. De feito, xa houbo dúas propostas de peche parcial de toda a bancada de Marathon Inferior durante esta tempada, vencelladas ao lanzamento de obxectos (Racing de Santander) e a reiterados cánticos incitadores á violencia (UD Las Palmas). Ademais, pagar reiteradamente multas significa destinar recursos do deportivismo a afrontar comportamentos dunha minoría. A obriga do Club é protexer o equipo, o conxunto dos seus abonados e a continuidade da animación en todas as bancadas de ABANCA-RIAZOR.

Porque o historial de sancións da tempada 2025/26 se concentra en expedientes abertos contra o Club por cánticos realizados unicamente desde Marathón Inferior (17 expedientes) e a iso se lle engaden as características particulares da zona: elevada concentración de público, permanencia habitual de pé, elementos de animación, maior intensidade ambiental e necesidades operativas específicas. As normas xerais de comportamento e seguridade aplícanse a todo ABANCA-RIAZOR. En Marathón Inferior refórzanse os mecanismos de identificación, acceso e control polas características propias da bancada e o histórico de sancións previamente mencionado, non porque todos os seus abonados sexan responsables dos incidentes producidos.

“A Romerada, puta pocilga, onde se xuntan Ligallo e Policía, que puto cheiro! Que porcallada! Cunha bomba todo eu voaría. Unha explosión de Goma 2 e que lle dean polo cu a Aragón. Esa Coruña que o goza vendo arder á puta Zaragoza.” “**** mórete, mórete”. “E dálle alegría, alegría ao meu corazón. É a bancada do Dépor que xa chegou. Tedes que poñer a alma e o corazón. Tedes que poñelo todo para ser campión. E xa, xa verás, como o ascenso a Primeira vas conseguir. E xa verás, xa verás, como o puto Balaídos se vai queimar.” “Puta ***”.

A renovación desta tempada incorporou dúas novidades: a aceptación expresa das condicións particulares de Marathón Inferior e a correcta acreditación da identidade da persoa titular. O proceso puido iniciarse en liña: cubríase a documentación, asinábase a aceptación das condicións e, unha vez validada pola Oficina de Atención ao Deportivista, completábase a renovación e o pago polas canles habituais.

O Club habilitou un procedemento en liña para facilitar a realización da renovación e reducir desprazamentos. Non obstante, a activación definitiva esixe unha comprobación presencial da identidade da persoa titular mediante a presentación do documento oficial orixinal en calquera momento durante a tempada deportiva, no horario de apertura da OAD. Os abonos cuxa comprobación aínda non se realizou permanecen en estado de «Pendente de activación» ata completar ese trámite.

Porque o Club debe asegurarse de que a persoa que renova é realmente a titular da localidade. Esta verificación permite actualizar correctamente o censo, evitar suplantacións e usos indebidos de carnés e garantir que, cando sexa necesario investigar unha conduta concreta, se poida individualizar a responsabilidade. Non é un trámite pensado para dificultar a renovación, senón para protexer ao abonado lexítimo.

A verificación final debe realizala persoalmente a persoa titular, xa que precisamente consiste en comprobar a súa identidade mediante un documento oficial orixinal. Cando se solicite un carné físico, este entrégase á persoa titular durante ese trámite.

Non. É un abono persoal, nominativo e intransferible. Non poderá prestarse, compartirse, reenviarse nin ser utilizado por unha persoa distinta da súa titular. A finalidade é impedir que accedan á bancada persoas que non estean correctamente identificadas e protexer á titular fronte ás consecuencias dun uso indebido do seu carné. Dito isto, o Club é consciente de certas peticións realizadas e está a valorar posibles adaptacións neste punto, sempre que permitan a correcta identificación da persoa usuaria do abono.

Si. Despois de recibir consultas e comentarios, o Dépor modificou o procedemento inicialmente formulado e habilitou unha fase online para facilitar a renovación, reducindo os desprazamentos sen renunciar á comprobación final de identidade. Tamén concretou que os partidos liberados correctamente non computan como inasistencia e que se valorarán as causas de forza maior debidamente xustificadas. O Club mantén e manterá abertos os canais de diálogo con abonados, peñas e colectivos, compatibilizando esa escoita coa súa responsabilidade legal e organizativa como xestor de ABANCA-RIAZOR.

Como en calquera recinto deportivo, todo espectador de ABANCA-RIAZOR —en calquera zona do estadio— debe poder acreditar a súa identidade cando así lle sexa requirido polo persoal autorizado do Club, a seguridade privada ou as Forzas e Corpos de Seguridade. Non é unha esixencia exclusiva de Marathón Inferior: deriva da normativa aplicable a todos os espectáculos deportivos e aos asistentes de todas as bancadas. Na práctica, trátase da mesma recomendación xeral que se lle fai a calquera asistente, e as comprobacións realizaranse con normalidade, unicamente cando as circunstancias organizativas ou de seguridade así o aconsellen.

É unha pregunta lexítima e o Club quere respondela con claridade: para poder individualizar responsabilidades é imprescindible contar previamente cun censo fiable e cun sistema de acceso persoal e verificado. Sen unha identificación correcta, resulta moito máis difícil determinar quen cometeu unha infracción e increméntase o risco de que as sancións ou as restricións (peches parciais ou totais da bancada ou do Estadio) acaben afectando ao Club e a toda a bancada. Unha medida xeral de identificación permite actuar de maneira máis individual e xusta: protexe precisamente a quen cumpre.

Poderán intervir o persoal autorizado do RC Deportivo, a seguridade privada e as Forzas e Corpos de Seguridade, cada un dentro das súas respectivas competencias e dentro da legalidade vixente.

A actuación depende da gravidade e das circunstancias e aplícase do mesmo xeito en todas as bancadas. As medidas poden incluír a expulsión do estadio, a suspensión cautelar do acceso, a apertura dun expediente contraditorio, a perda do abono ou da prioridade para renovalo en futuras tempadas.

Non. As posibles denuncias ou sancións administrativas impostas polos corpos policiais pertencen a un procedemento diferente do réxime interno do Club, cos seus propios cauces de alegación e recurso perante a Administración. O Club colaborará coas autoridades cando sexa necesario, como corresponde a calquera organizador de espectáculos deportivos, pero non participa neses procedementos nin pode interferir no labor dos corpos de orde pública.

O Club respecta escrupulosamente a normativa de protección de datos de todas as persoas socias. Os datos só se empregarán para verificar a identidade da persoa titular, previr o uso fraudulento do abono, xestionar a seguridade do estadio e cumprir coas obrigas legais do Club como organizador de espectáculos deportivos.

O obxectivo prioritario das novas medidas é precisamente evitar castigos colectivos e consecuencias negativas para toda a afección ante comportamentos estritamente individuais.

Non. As condicións non impoñen ningunha obriga de animar, nin unha intensidade nin unha forma concreta de facelo. Marathón Inferior está concibida como unha zona de apoio visible e participativa, pero cada abonado conserva plena liberdade para decidir como vive o partido e como exterioriza o seu apoio, sempre respectando o resto de asistentes e as normas do estadio.

Si, sempre que sexan elementos autorizados e cumpran as condicións técnicas e de seguridade. Como viña ocorrendo en tempadas anteriores, o Club seguirá esixindo, en cumprimento da normativa, autorización previa, identificar as persoas responsables da súa utilización, limitar o seu número e comprobar que os materiais sexan axeitados e non conteñan mensaxes violentas, racistas, xenófobas, discriminatorias ou prohibidas.

A organización, os accesos, a distribución de localidades, os elementos autorizados e as medidas de seguridade corresponden ao RC Deportivo, como responsable do estadio e organizador do partido. É unha responsabilidade legal que o Club non pode delegar e que é de aplicación a todas as bancadas do Estadio ABANCA RIAZOR. As peñas e colectivos teñen un papel valioso na vida da bancada: poden colaborar, trasladar propostas e participar no diálogo permanente co Club. Esa colaboración canalízase sempre a través do Club, que é quen debe garantir que os dereitos de todos os abonados —formen ou non parte dun colectivo— se respecten por igual.

Si. Estar en desacordo cunha decisión do Club e expresalo de maneira legal, pacífica e respectuosa forma parte da liberdade de calquera afeccionado. A crítica é lexítima; prexudicar ao equipo, ao Club ou a outros deportivistas non o é.

O Club lamentaría perder a calquera abonado, e por iso intentou que o proceso sexa o máis sinxelo posible. Agora ben, a aceptación expresa é un requisito para adquirir ou renovar unha localidade en Marathón Inferior: quen non queira asumila non poderá manter un abono nesa zona. Poderá solicitar un cambio a outra ubicación dentro dos prazos establecidos polo Club e suxeito á dispoñibilidade de localidades, pero non poderá esixir conservar un asento en Marathón Inferior á marxe das súas condicións específicas.

Non necesariamente. A perda ou revogación desta modalidade específica non implica automaticamente perder a condición xeral de abonado, salvo que exista ademais unha causa disciplinaria ou contractual que o xustifique. Cada situación resolverase de acordo coas circunstancias e coa normativa aplicable.

O Club revisará cada tempada o funcionamento desta modalidade, do mesmo xeito que fai co resto do estadio, e poderá axustar os seus procedementos en función da experiencia, da normativa, das necesidades de seguridade e da evolución da bancada. O propósito non é manter controis innecesarios, senón dispor en cada momento das garantías axeitadas para que Marathón Inferior poida seguir funcionando con normalidade.

O Club quere Marathón Inferior chea, en Primeira e para sempre. O peor escenario para todos —abonados, equipo e Club— sería unha bancada pechada, e evitalo é a razón de ser destas medidas. As medidas non se adoptan contra a bancada, senón para defendela: para protexer os seus abonados, garantir que cada persoa ocupa a súa localidade, evitar que uns poucos perxudiquen a todos e asegurar que a animación de ABANCA-RIAZOR sexa recoñecida pola súa paixón, a súa forza e o seu respecto. O Dépor necesita o impulso de Marathón Inferior. E Marathón Inferior necesita unhas condicións que garantan o seu futuro.

NOTICIAS

  • O RC Deportivo celebra a segunda reunión do foro social

    O RC Deportivo celebra a segunda reunión do foro social

    Ler máis
  • Celebrado o primeiro foro social do RC Deportivo

    Celebrado o primeiro foro social do RC Deportivo

    Ler máis