
DÉPOR · 12 MAIO 2026
CELEBRADO O PRIMEIRO FORO SOCIAL DO RC DEPORTIVO; UN ESPAZO DE CONVERSA, REFLEXIÓN E CONSTRUCIÓN CONXUNTA ENTRE O CLUB E A SÚA COMUNIDADE SOCIAL
O RC Deportivo celebrou este martes 12 de maio o I Foro Social, un espazo de diálogo e participación impulsado co obxectivo de reforzar as canles de escoita activa coa súa masa social e abordar algúns dos principais retos estratéxicos, sociais e institucionais da entidade.Durante o encontro, celebrado en ABANCA-RIAZOR, o Club compartiu coas persoas asistentes distintas liñas de traballo vencelladas á celebración do 120 aniversario do RC Deportivo, unha data especialmente relevante para a entidade e para todo o deportivismo.Neste contexto, o Foro nace coa vocación de consolidarse como un espazo estable de conversa, reflexión e construción conxunta entre o Club e a súa comunidade social.No marco deste 120 aniversario, o RC Deportivo trasladou ás persoas asistentes algunhas das principais iniciativas nas que está a traballar, entre as que destacan a Iniciativa Historias Deportivistas, a campaña '1906 nos une', a organización dun torneo de fútbol de afeccionados, a celebración dun encontro mundial de peñas, o desenvolvemento do 'Camino de las Estrellas', así como a creación dun posible himno e dun festival de música.A xornada permitiu ademais intercambiar impresións sobre diferentes ámbitos relacionados co futuro da entidade, o fortalecemento do vínculo coa afección e o papel social e identitario que o RC Deportivo desempeña dentro da cidade e de Galicia. Todas as persoas asistentes ao Foro Social, abonados representativos de diferentes perfís xeracionais, sensibilidades e zonas do estadio, puideron trasladar as súas impresións, inquedanzas e propostas nun contorno de diálogo directo co Club.Neste marco, o RC Deportivo trasladou ás persoas asistentes que realizará antes de rematar a temporada unha consulta vinculante dirixida aos abonados e abonadas do Club sobre o topónimo oficial que debe acompañar a denominación da entidade. A iniciativa compartiuse no contexto do I Foro Social e enmárcase dentro dunha reflexión institucional baseada en criterios de legalidade, coherencia administrativa e escoita activa á masa social. O Club ofrecerá máis información sobre o procedemento e o desenvolvemento da votación en datas próximas á súa celebración.A entidade reafirmou ademais o seu compromiso cunha comunicación máis próxima, transparente e bidireccional. Este Foro Social nace con vocación de permanencia, co obxectivo de manter un contacto continuo coa afección e dar continuidade a futuras reunións e espazos de participación antes de que remate o presente ano natural.

Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...