RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Aberto o prazo de solicitude de entradas para o Villarreal CF - Deportivo

DÉPOR · 28 AGOSTO 2026

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE ENTRADAS PARA O VILLARREAL CF - DEPORTIVO

O Villarreal CF pon á disposición do RC Deportivo un total de 564 entradas para o partido do vindeiro sábado 5 de setembro ás 21:00 horas no Estadio de La Cerámica.Do total, 534 entradas poranse á venda entre os abonados e abonadas do RC Deportivo, mentres que as 30 restantes se destinarán ao cumprimento de acordos comerciais e compromisos de patrocinio.O prezo de cada entrada será de 30 euros.As persoas abonadas interesadas poderán realizar a súa solicitude desde este venres 28 de agosto ata o vindeiro domingo 30 de agosto ás 19:30 horas premendo nesta ligazón.Cada abonado ou abonada poderá solicitar un máximo de 2 entradas. A presentación da solicitude non garante a súa adxudicación.No caso de que o número de entradas solicitadas supere as 534 localidades dispoñibles, o RC Deportivo realizará un sorteo público, que será retransmitido en directo a través da canle oficial do Club en YouTube.A data e a hora do sorteo comunicaranse unha vez finalizado o prazo de solicitude.O Club informará directamente por correo electrónico as persoas solicitantes do resultado do proceso, así como dos prazos para completar a compra e do procedemento de entrega das entradas.